Marigot

Marigot é a cidade principal e capital da parte Francesa da illa caribeña de San Martiño.

Marigot
Marigot 2.jpg
Localización
Saint martin map.PNG
PaísFlag of France.svg Francia
Colectividade de ultramarSan Martín
Demografía
Poboación5700 (2006)
Marigot

PoboaciónEditar

En 2006 tiña 5.700 habitantes.

XeografíaEditar

Marigot atópase na costa oeste da illa de San Martiño. Esténdese desde a costa cara ao oeste, ao longo da baía de Marigot e os outeiros do interior da illa cara ao leste. No suroeste limita coa Baía Simpson.

ClimaEditar

Esta área ten unha estación seca pronunciada. De acordo co sistema Clasificación Climática de Köppen, Marigot ten un clima tropical seco, abreviado "Aw" nos mapas climáticos.[1]

Datos climáticos para Marigot
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Media máxima en °C 28 28 28 29 30 31 31 31 31 31 29 28 29,6
Media mínima en °C 24 24 24 25 26 27 27 27 27 27 26 24 25,7
Precipitación media mm 74 48 43 79 99 71 84 114 117 99 117 91 1 036
Fonte: Weatherbase [2]

TransporteEditar

A cidade está servida polo Aeroporto Internacional Princesa Xuliana, así como por L'Espérance Airport. Hai un transbordador a Blowing Point, Anguila.

Historia e característicasEditar

Orixinalmente era unha vila de pescadores nun pantano que deulle nome, Marigot fíxose capital durante o reinado do rei Luís XVI de Francia, que construíu Fort St. Louis nun outeiro preto de Marigot Bay. Hoxe en día, ese edificio é o máis importante en Marigot.

Marigot é a típica vila do Caribe, con tendas de xenxibre e restaurantes nas beirarrúa. Os días de mercado son todos os mércores e sábados pola mañá, onde se pode atopar de todo, desde cocos, aguacates, patacas doces e unha chea doutras froitas e verduras tropicais, todo tipo de especias e peixe fresco, arte local, artesanía e pintura. En 1998, a escena final de Speed 2 rodouse aquí onde o Seabourn Legend embarranca na illa.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar