Tintamarre
Tintamarre é un illote do arquipélago de Saint-Martin (ata o 22 de febreiro de 2007 pertencía a Guadalupe), fronte á illa de Saint-Barthélémy. Actualmente a illa non ten ningún habitante, pero foi habitada no pasado. A palabra significa barullo en galego.
Tintamarre | |
---|---|
![]() Vista da illa | |
![]() Localización da illa ao nordés da illa principal | |
Situación | |
País | ![]() |
Arquipélago | Antillas Menores |
Mar | Mar Caribe |
Coordenadas | 18°7′10″N 62°58′50″O / 18.11944, -62.98056Coordenadas: 18°7′10″N 62°58′50″O / 18.11944, -62.98056 |
Xeografía | |
Superficie | 1´2 km² |
Longura máxima | 2´5 km. |
Largura máxima | 0´98 km. |
Punto máis alto | 39 m. |
Distancia a terra | 3 km. |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
Descrición Editar
A illa é unha meseta de sedimentos pedra calcaria. Atópase a 39 metros sobre o nivel do mar e ten 1,2 quilómetros cadrados de extensión. A illa ten aproximadamente 2/3 de bosques secos, o resto da vexetación, consiste en matogueiras.
Historia Editar
A historia de Tintamarre ten distintas fases. Durante 40 anos a illa estivo en posesión británica. Logo pasou a Francia e iniciouse un período de intenso uso agrícola, acadando unha poboación máxima de 150 persoas en Tintamarre. Na primeira metade do século 19, a illa caeu baixo a influencia da familia holandesa Van Romondt, cuxo último representante, Diederik van Romondt gobernou case como un rei desde 1902. En 1931 foi vendida a un comerciante de Marigot. Logo da guerra, a illa prosperou como base aérea, había nese momento uns 20 residentes. Un furacán destruíu todo o 1 de setembro de 1950, nos anos 1956 e 1960 máis furacáns arrasaron co chan.
Uso actual Editar
A illa enteira, incluíndo 100 m de ancho ao redor da zona marítima costeira, é agora unha reserva natural Réserve naturelle marine de Saint-Martin. Polo tanto, a zona está protexida por estritas normas. Ao mesmo tempo, con todo, utilízase para fins turísticos. As praias son accesibles para os turistas e foron creados varios camiños para explorar a illa. Pódense visitar os edificios das granxas abandonadas, onde ata o século 19 cultivouse algodón. Tamén os restos dunha liña ferroviaria que servía para a extracción de xeso e guano.