Kedah
Kedah é un estado de Malaisia, localízase no noroeste do país, nos seus 9.425 km² viven 1 400 000 habitantes, o 72% malaios, 19% chineses e 8% indios. A capital é Alor Star. Kedah é unha monarquía herditaria rexida por un sultán, Tuanku Abdul Halim Muadzam Shah é o actual sultán e Syed Razak Syed Zain Barakbah o primeiro ministro.