Mahathir bin Mohamad
Tun Dr. Mahathir bin Mohamad, nado en Alor Setar o 10 de xullo de 1925[1] é un médico e político malaisiano, cuarto e sétimo primeiro ministro de Malaisia e deputado electo do Parlamento de Malaisia pola circunscrición de Langkawi en Kedah.[2] A súa carreira política esténdese por máis de setenta anos dende que se uniu á acabada de formar Organización Nacional dos Malaios Unidos (UMNO) en 1946, antes de formar o seu propio partido, o Partido Indíxena Unido de Malaisia (PPBM) en 2016.
Mahathir bin Mohamad | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Mahathir bin Mohamad |
Alcume | Tun M e Dr M |
Nacemento | 10 de xullo de 1925 e 20 de decembro de 1925 |
Lugar de nacemento | Alor Setar |
Nacionalidade | Malaisia |
Relixión | Sunnismo |
Alma máter | University of Malaya, Universidade Nacional de Singapura e Yong Loo Lin School of Medicine |
Ocupación | político, médico e escritor |
Pai | Mohamad bin Iskandar |
Nai | Wan Tempawan Wan Hanapi |
Cónxuxe | Siti Hasmah Mohamad Ali |
Fillos | Marina Mahathir, Mokhzani Mahathir, Mukhriz Mahathir, Mirzan Mahathir, Melinda Mahathir e Mazhar Mahathir |
Irmáns | Habsah Mohamad, Murad Mohamad, Rafeah Mohamad, Mashahor Mohamad, Omar Mohamad, Johora Mohamad, Mustaffa Mohamad e Mahadi Mohamad |
Premios | Prêmio Jawaharlal Nehru para Compreensão Internacional, Prêmio Internacional Al-Gaddafi de Direitos Humanos, King Faisal International Prize in Service to Islam, Commander of the National Order of the Cedar, Grand Cordon of the Order of the Paulownia Flowers, Grand Cross of the Order of Good Hope, Grand Cross of the Order of Merit of the Republic of Poland, doctor honoris causa of Keiō University, honorary doctor of Waseda University, honorary doctor of the Tsinghua University, Comandante da Ordem Real da Estrela Polar, Nishan-e-Pakistan, Ordem do Elefante Branco, Order of Sultan Mahmud I of Terengganu, Order of Loyalty to the Royal House of Kedah, Order of the Crown of Johor, Most Exalted Order of the Star of Sarawak, Order of Kinabalu, Kedah Supreme Order of Merit, Royal Family Order of Kedah, Royal Family Order of Johor, Order of the Defender of the Realm, Orden da Amistade, Gran Cruz da Orde do Mérito Civil, Grand Cross of the Order of the Liberator General San Martín, Grand Commander of the Order of the Defender of the Realm e Asia's Most Influential Malaysia |
Na rede | |
http://chedet.cc/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Nado e criado en Alor Setar, Kedah, Mahathir sobresaíu na escola e converteuse en médico. Afiliouse á UMNO antes de entrar no parlamento en 1964. Serviu como deputado antes de perder o seu escano e posteriormente inimizouse co primeiro ministro Tunku Abdul Rahman e foi expulsado do partido.[3] Cando Abdul Rahman renunciu ao ser substituído por Abdul Razak Hussein en 1970, Mahathir volveu a incorporarse á UMNO e ao Parlamento, e foi ascendido ao Gabinete. En 1976 converteuse en viceprimeiro ministro e en 1981 xurou o cargo de primeiro ministro trala renuncia do seu predecesor, Hussein Onn.
Durante o seu mandato como primeiro ministro, Malaisia experimentou un período de rápida modernización e crecemento económico, e o seu goberno iniciou unha serie de audaces proxectos de infraestruturas. Mahathir foi unha figura política dominante, baixo o seu liderado, a coalición Barisan Nasional gañou cinco eleccións federais consecutivas e defendeu con éxito o dominio da UMNO antes rivais destacados. Como primeiro ministro, foi un defensor do desenvolvemento do terceiro mundo e un prominente activista internacional.
Mahathir renunciou o 31 de outubro de 2003, sendo o xefe de goberno malaisio con máis anos no cargo. Non obstante, mantívose como unha figura política activa logo do seu retiro. O seu fillo Mukhriz Mahathir foi Menteri Besar (gobernador) do estado de Kedah entre 2013 e 2016. Co paso do tempo, Mahathir converteuse nun crítico estridente do seu sucesor escollido persoalmente, Abdullah Ahmad Badawi, en 2006, e máis tarde Najib Razak en 2015.[4] Tan só dous anos despois da súa renuncia, o Barisan Nasional comezou a experimentar fortes debacles electorais que levaron á perda da maioría de dous terzos en 2008 e a unha derrota por voto popular en 2013 ante a coalición Pakatan Rakyat, dirixida por Anwar Ibrahim, conservando o goberno unicamente grazas ao gerrymandering. Como rexeitamento ás accións da UMNO ao continuar a apoiar ao goberno de Razak a pesar do escándalo que rodeaba a organización Malaysia Development Berhad, Mahathir abandonou o partido o 29 de xaneiro de 2016, sendo seguido por un enorme continxente de políticos oficialistas, entre os que destacaban o seu fillo Mukhriz e o antigo viceprimeiro ministro Muhyiddin Yassin.[5]
O 9 de setembro do mesmo ano anunciou a súa volta á primeira plana política e fundou o Partido Indíxena Unido de Malaisia (PPBM), aprobado ese mesmo día polo Rexistro de Sociedades (RoS).[6] O partido uniuse á coalición opositora Pakatan Harapan (PH) que estaba liderada polo seu antigo aliado que el mesmo enviara a prisión en 1998, Anwar Ibrahim. Estando este novamente encarcerado dende 2015, Mahathir foi elixido o 8 de xaneiro de 2018 como candidato a primeiro ministro da coalición nas eleccións federais de 2018 en substitución de Ibrahim, coa promesa de procurar a súa liberación e entregarlle o cargo nun ou en dous anos. A campaña electoral foi dura e caracterizouse por unha serie de insultos persoais entre Najib e Mahathir, que culminou cunha sorprendente e histórica derrota do primeiro ministro e unha maioría absoluta do Pakatan Harapan. Mahathir asumiu o cargo o día seguinte, 10 de maio de 2018. Con case 93 anos no momento do seu xuramento converteuse no político de máis idade en ocupar o cargo de primeiro ministro, o primeiro en Malaisia que ocupa o cargo en dúas ocasións non consecutivas e o primeiro goberno alleo á UMNO na historia do país. En febreiro de 2020 anunciou a súa dimisión e o 1 de marzo deixou o cargo sendo substituído por Muhyiddin Yassin.[7]
NotasEditar
- ↑ Profile of Mahathir Mohamad
- ↑ It's official, Dr M is Malaysia's seventh PM... and the world's oldest
- ↑ Abdul Rahman, Tunku (setembro de 1969). May 13 – Before and After. Kuala Lumpur: Penerbitan Utusan Melayu. pp. 117–121.
- ↑ Kaos Jr., Joseph (4 de abril de 2015). "Dr M past his quiet stage, asks Najib to step down". The Star (Malaisia). Consultado o 7 de agosto de 2015.
- ↑ "Dr Mahathir quits Umno, again". The Star Online. 19 de febreiro de 2016. Consultado o 15 de outubro de 2016.
- ↑ "Dr Mahathir’s new party officially registered". Free Malaysia Today FMT News. 9 de setembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2016. Consultado o 15 de outubro de 2016.
- ↑ "Malaysia gets new PM, Muhyiddin Yassin, after week of turmoil". BBC (en inglés). 1 de marzo de 2020. Consultado o 2 de marzo de 2020.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mahathir bin Mohamad |
Ligazóns externasEditar
- Dr Mahathir Mohamad's Blog (Launched May 2008)
- BBC Profile: Mahathir Mohamad
- Biografía por CIDOB (en español)
- Mahathir hospitalised after heart attack Arquivado 05 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.
- Turkish Daily News, from Mahathir's final days in office
- Islam the Misunderstood Religion by Dr. Mahathir Mohamad
- Perdana Leadership Foundation website on Malaysia’s past Prime Ministers.
- BBC News: Mahathir in his own words
- BBC News: In Pictures: Mahathir steps down
- BBC News: Malaysia defends speech on Jews
- Asiaweek: Al Gore's rebuke of APEC host Mahathir
- Text of Dr Mahathir's speech to the OIC on 16 October 2003
- Dr M slams Pak Lah but BN leaders rally behind the PM Arquivado 05 de novembro de 2012 en Wayback Machine.