José Rodríguez López
José Rodríguez López, coñecido como José de Arxeriz e Pepito Mantequillas, nado en Pousada (Mariz, Chantada) o 11 de abril de 1910 e finado en Lugo o 17 de abril de 2004, foi un empresario galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de abril de 1910 Mariz, España |
Morte | 17 de abril de 2004 (94 anos) Lugo, España |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Traxectoria
editarSobriño de Juan López Suárez, con quen pasou varias tempadas en Lamaquebrada e Arxeriz. Estudou no Seminario de Lugo e cara 1930 abandonouno e asistiu a cursos sobre lácteos, apicultura, avicultura e viño, para comezar o seu traballo no pazo de Arxeriz. Fundou a empresa Arjeriz, que despois foi coñecida como LARSA, e creou tres fábricas en Vigo, Chantada e Vilagarcía. Tamén foi impulsor de Tablicia de Nadela. Contribuíu á construción do Gran Hotel de Lugo. Mercoulle o pazo de Arxeriz ao seu tío en 1970. En 1985 o seu sobriño Xosé Soto comproulle a granxa de Arxeriz e negociou a instalación dunha escola-obradoiro que funcionou de 1993 a 1996. Finou en Lugo o 17 de abril de 2004.[1]
Recoñecementos
editarConcedéronlle a Medalla de Prata de Galicia en 1997.
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia,18-4-2004, p. 52.