Aaron Ciechanover
Aaron Ciechanover (en hebreo: אהרון צ'חנובר), nado o 1 de outubro de 1947 en Haifa (Israel), é un biólogo israelí galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2004.
Traxectoria
editarNaceu nunha familia polaca xudía que fuxiu do seu país logo da segunda guerra mundial. Estudou Medicina na Universidade Hebrea de Xerusalén, onde se licenciou en 1974, e posteriormente realizou o doutoramento en Bioloxía no Instituto Tecnolóxico Israelí (Technion) en 1982. Actualmente é docente no departamento de Bioquímica e dirixe o Instituto Rappaport de Investigación en medicina no Technion.
Investigacións científicas
editarInteresado na degradación das proteínas, xunto a Avram Hershko no seu Laboratorio de investigación no Technion observou como esta degradación era regulada pola ubiquitina, unha pequena proteína que aparece de forma natural nas células eucariotas. Por este descubrimento en 2004 foi galardoado, xunto con Avram Hershko e Irwin Rose, co Premio Nobel de Química.
En 2000 recibiu o premio Lasker á investigación básica en medicina.
Publicacións
editar- Hershko, A., Ciechanover, A., and Rose, I.A. (1979). "Proposed role of ATP in protein breakdown: Conjugation of proteins with multiple chains of the polypeptide of ATP-dependent proteolysis". Proc. Natl. Acad. Sci. USA 76, pp. 3107-3110.
- Hershko, A., Ciechanover, A., and Rose, I.A. (1980). "Resolution of the ATP-dependent proteolytic system from reticulocytes: A component that interacts with ATP". Proc. Natl. Acad. Sci. USA 77, pp. 1783-1786.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2004 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 2004 (en inglés)
- Perfil de Aaron Ciechanover en NNDB (en inglés)
Predecesor: Roderick MacKinnon, Peter Agre |
Premio Nobel de Química 2004 con Irwin Rose e Avram Hershko |
Sucesor: Robert H. Grubbs, Richard R. Schrock e Yves Chauvin |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aaron Ciechanover |