Josu Jon Imaz
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2014.) |
Josu Jon Imaz San Miguel, nado en Zumarraga (Guipúscoa) o 6 de setembro de 1963, é un político vasco.
Biografía | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 6 de setembro de 1963 (60 anos) Zumarraga, Guipúscoa | ||||||||||||||||||||||
Cargos Presidente do PNV (2004 - 2007) | |||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||
Relixión | Catolicismo | ||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade do País Vasco Universidade de Deusto | ||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||
Lugar de traballo | Estrasburgo Bruxelas | ||||||||||||||||||||||
Ocupación | Químico e político | ||||||||||||||||||||||
Empregador | Petronor (pt) Repsol YPF Naturgy | ||||||||||||||||||||||
Partido político | Partido Nacionalista Vasco | ||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá | ||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||
22 de maio de 2022 | World Economic Forum Annual Meeting 2022 (en) | ||||||||||||||||||||||
20 de xaneiro de 2020 | World Economic Forum Annual Meeting 2020 (en) | ||||||||||||||||||||||
22 de xaneiro de 2019 | World Economic Forum Annual Meeting 2019 (en) | ||||||||||||||||||||||
23 de xaneiro de 2018 | World Economic Forum Annual Meeting 2018 (en) | ||||||||||||||||||||||
17 de xaneiro de 2017 | World Economic Forum Annual Meeting 2017 (en) | ||||||||||||||||||||||
20 de xaneiro de 2016 | World Economic Forum Annual Meeting 2016 (en) | ||||||||||||||||||||||
Premios
| |||||||||||||||||||||||
Lista
|
Traxectoria editar
Licenciouse en Química na Universidade do País Vasco en Donostia co premio extraordinario de fin de carreira, e doutorouse tamén na mesma facultade en 2004. Especializado en polímeros, traballa para o centro tecnolóxico INASMET na década dos oitenta, época durante a que fai unha estadía no CETIM de Nantes. A partir de 1989, traballa como promotor industrial no Grupo Cooperativo Mondragón, e en 1991 regresa ao INASMET, onde permanece ata o seu salto á política.
En xuño de 1994 é elixido eurodeputado nas eleccións europeas, cargo que desempeña ata o seu nomeamento o 7 de xaneiro de 1999 como conselleiro de Industria, Comercio e Turismo do Goberno Vasco e portavoz do propio Goberno Vasco.
A partir do Consello de Goberno celebrado con data 17 de xullo de 2001 é novamente titular da carteira de Industria, Comercio e Turismo do Goberno Vasco e portavoz do mesmo, cargos que desempeña ata o 13 de xaneiro do 2004.
Finalmente, na Asemblea Xeral do Partido Nacionalista Vasco, celebrada os días 17 e 18 de xaneiro de 2004, é elixido presidente do Euzkadi Buru Batzar (executiva nacional), cargo en que permanece durante 3 anos, ata ser substituído por Iñigo Urkullu.
Currículo político editar
- Afiliado a EAJ-PNV no ano 1978.
- Presidente de EGI Urretxu-Zumarraga (1979-1982).
- Membro do Consello Rexional EGI Guipúscoa (1980-1986).
- Membro do Consello Nacional de EGI (1981-1986).
- Membro da Xunta Municipal de EAJ-PNV de Urretxu-Zumarraga (1979-1982).
- Representante da Asemblea Nacional EAJ-PNV (1983-1985), (1986-1988), (1992-1994).
- Membro do GBB (1988-1990).
- Tenente de Alcalde e concelleiro de Facenda e Desenvolvemento de Zumarraga (1991-1995).
- Deputado no Parlamento Europeo (1994-1999).
- Membro da Comisión de Orzamentos, Industria e Asuntos Económicos e Pesca.
- Vicepresidente Subcomisión Monetaria.
- Conselleiro de Industria, Comercio e Turismo e Portavoz do Goberno (1999-2001).
- Parlamentario vasco por Guipúscoa (2001).
- Conselleiro de Industria, Comercio e Turismo e Portavoz do Goberno (2001-2003).
- Presidente do EBB de EAJ-PNV (2004).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Josu Jon Imaz |
Predecesor: Xabier Arzalluz |
22º Presidente do Euskadi Buru Batzar 18 de xaneiro de 2004 - 1 de decembro de 2007 |
Sucesor: Íñigo Urkullu |
Vida persoal editar
Está casado, ten tres fillos e vive en Donostia.