Naturgy
Naturgy (anteriormente, Gas Natural Fenosa), cuxo nome legal é Naturgy Energy Group, S. A. (NEGSA), é unha empresa española que opera nos sectores eléctrico e gasístico. A súa sede operativa está en Barcelona, mentres que o seu domicilio social sitúase en Madrid.[1] O seu actual presidente executivo é Francisco Reynés.
Naturgy | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | negocio, empresa, empresa de capital aberto e organización ![]() | |||
Parte de | IBEX 35 ![]() | |||
Forma xurídica | sociedade anónima ![]() | |||
Personalidades | ||||
Director/a executivo/a | Francisco Reynés (en) ![]() ![]() | |||
Presidente/a | Francisco Reynés (en) ![]() ![]() | |||
Actividade | ||||
Industria | empresa de serviços públicos (pt) ![]() ![]() | |||
Entidades | ||||
Ten en propiendade
| ||||
Entidades subsidiarias
| ||||
Economía | ||||
Bolsa de valores | OTC Markets Group (pt) ![]() ![]() | |||
Data | ||||
Fundación | 1991 ![]() | |||
Cronoloxía | ||||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | |||
Concello | Madrid ![]() | |||
Sede | Madrid ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | naturgy.com ![]() | |||
Teléfono | +34 900 100 251, Teléfono Naturgy e Teléfono Naturgy ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Naturgy é unha das tres grandes compañías do sector eléctrico en España, que xunto a Endesa e Iberdrola, dominan en torno ao 90 % do mercado eléctrico nacional.[2] Naturgy desenvolve actividades de aprovisionamento, xeración, distribución e comercialización de electricidade e gas natural.
En 2021 estivo entre as 10 empresas que emitiron máis toneladas equivalentes de CO2 en España con 4,9 Mt.[3]
Distribución de gas e electricidade
editarDistribución de gas
editar
Naturgy distribúe gas natural no mercado doméstico-comercial (fogares e comercios que utilizan o gas natural como combustible en caldeiras de auga, calefacción ou na cociña), e no mercado industrial de grandes clientes que utilizan o gas como combustible nos seus procesos industriais.
A compañía controla por completo o mercado de distribución español, onde vende o gas natural a 5 millóns de clientes de máis de mil municipios. O seu segundo mercado é Italia, con máis de 400 000 clientes. Ao outro lado do Atlántico, é o primeiro operador de distribución de gas natural de Iberoamérica, con presenza en Arxentina, Brasil, Colombia e México, onde suman máis de 6 millóns de clientes.
Distribución de electricidade
editarA compañía realiza a actividade de distribución eléctrica en España, Moldova e Latinoamérica. Un dos principais negocios de Naturgy, é a distribución de electricidade a pequenos usuarios, tanto a consumidores residenciais, como a pemes e grandes empresas. En España opera como Unión Fenosa Distribuidora.

e-distribución (Endesa) i-DE (Iberdrola) Unión Fenosa (Naturgy) Redes (EDP) Viesgo (TotalEnergies)
Notas
editar- ↑ Comisión Nacional del Mercado de Valores (7 de outubro de 2017). "Comunicación de Hecho Relevante: Cambio del domicilio social de Gas Natural Fenosa".
- ↑ "Endesa, Iberdrola y Gas Natural ganan cuota en el mercado doméstico". 6 de maio de 2013.
- ↑ "Descarbonización 2022". Observatorio de Sostenibilidad. 1 de outubro de 2022. Consultado o 6 de novembro de 2022.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Naturgy |