Iñigo Urkullu

Iñigo Urkullu Renteria, nado en Alonsotegi o 18 de setembro de 1961, é un político vasco e nacionalista, parlamentario vasco de 1994 a 2005.[1] Foi presidente do Euzkadi Buru Batzar (EBB) do Partido Nacionalista Vasco entre xaneiro de 2008 e decembro de 2012. É o Lehendakari dende o ano 2012.[2][3]

Iñigo Urkullu
Iñigo Urkullu 2014 (cropped).jpg
Nome completoIñigo Urkullu Renteria
Nacemento18 de setembro de 1961
 Alonsotegi
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Deusto
Ocupaciónpolítico e mestre
CónxuxeLucia Arieta
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Antes de dedicarse á política, os seus inicios profesionais relacionáronse co mundo da educación e foi profesor da ikastola "Asti-Leku" de Portugalete e do colexio público Félix Serrano de Bilbao. É profesor funcionario de carreira de Educación en excedencia no colexio Landako de Durango.

Cargos internosEditar

Desempeñou cargos de responsabilidade no PNV dende 1980:

Afiliado ó EAJ-PNV dende 1977, foi membro do Consello Rexional de EGI, as mocidades de dito partido, dende 1980 a 1985 e membro do Bizkai Buru Batzar (BBB), que é a Executiva de EAJ-PNV en Biscaia, (1984-1987) (1996-2000), sendo o seu presidente dende o ano 2000.

Tamén foi o representante do partido por ese territorio no EBB dende o ano 2000, máximo órgano do PNV e Presidente de Mesa na Asemblea Nacional (1992-1994). En 2007 foi elixido presidente do Euskadi Buru Batzar, na práctica o presidente do PNV, e reelixido para ese cargo en xaneiro de 2012. O 13 de decembro de 2012 foi investido lehendakari, isto é, presidente da Comunidade Autónoma Vasca.

Cargos institucionaisEditar

Dende 1987 tamén ten desempeñado o seu labor a cargo de institucións e organismos públicos:

  • Ex-Director de Xuventude e Acción Comunitaria da Deputación Foral de Biscaia (1987-1994).
  • Membro do Consello Asesor de Éuscaro
  • Parlamentario Vasco (1994-2005).

Actualmente Lehendakari e Membro da Xunta Reitora da Fundación Sabino Arana.


Predecesor:
Patxi López
  
Lehendakari
 
2012 - presente
Sucesor:
No cargo


NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar