Czesław Miłosz
Czesław Miłosz, nado en Steiniai (Lituania) o 30 de xuño de 1911 e finado en Cracovia o 14 de agosto de 2004, foi un escritor polaco. Premio Nobel de Literatura en 1980. A súa familia era orixinaría de Lituania, aínda que de lingua, tradición e cultura polaca. Durante toda a súa vida mantívose moi unido ao que consideraba o seu territorio histórico: o Gran Ducado de Lituania.
Czesław Miłosz | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 30 de xuño de 1911 e 30 de novembro de 1911 |
Lugar de nacemento | Šeteniai e Šiauliai |
Falecemento | 14 de agosto de 2004 |
Lugar de falecemento | Cracovia |
Soterrado | Crypt of Merit at Skałka |
Nacionalidade | Polonia, Estados Unidos de América e Lituania |
Relixión | Igrexa católica |
Alma máter | Universidade de Vilnius |
Ocupación | poeta, diplomático, escritor, ensaísta, tradutor, pedagogo, profesor universitario e historiador da literatura |
Pai | Aleksander Miłosz |
Cónxuxe | Carol Thigpen-Miłosz e Janina Milosz |
Fillos | Anthony Milosz e Peter Milosz |
Irmáns | Andrzej Miłosz |
Xéneros | Poesía |
Coñecido por | The Captive Mind, Campo di Fiori e Piosenka o końcu świata |
Premios | Premio Nobel de Literatura, Justos entre as nações, Bolsa de estudos Guggenheim, Knight of the Order of the White Eagle, National Medal of Arts, Neustadt International Prize for Literature, Honorary doctor of the University of Bologna, doutor honoris causa pola universidade Xaguelónica de Cracovia, Honorary doctor of the University of Oxford, Prêmio Nike de Literatura, Commander's Grand Crosses of the Order of the Lithuanian Grand Duke Gediminas, honorary doctor of Harvard University, doutor honoris causa da Universidade Vytautas-Magnus, Śląski Wawrzyn Literacki e honorary citizen of Vilnius |
Na rede | |
https://www.milosz.pl | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo dun enxeñeiro civil, cursou os seus estudos superiores de dereito en Vilna. Membro do grupo literario Żagary, debutou como escritor en 1930, publicando nesa década dous volumes de poesía: "Tres invernos" e "Poema sobre o tempo conxelado" polo que conseguiu unha bolsa para París onde trabou relación co que sería unha das súas maiores influencias literarias e filosóficas: o seu familiar e poeta francés de orixe lituana Oscar Venceslas de Lubicz-Milosz. Traballou na Radio polaca. Durante a segunda guerra mundial e residiu en Varsovia, onde prestou apoio aos perseguidos polo réxime nazi.
Traballo no servizo diplomático da "Polonia Popular" desde 1945 ata 1951, cando se exiliou e fixou a súa residencia en Francia. A súa evolución ideolóxica e posterior rexeitamento do réxime comunista polaco plasmouna na colección de ensaios "O pensamento cativo". En 1953 recibiu o Prix Lettéraire Européen pola súa novela "O poder cambia de mans".
En 1960 trasladouse a Berkeley, Estados Unidos, invitado pola Universidade de California e foi alí desde 1961, profesor de Linguas e Literatura Eslavas.
Recibiu o título de Doutor Honoris Causa en Letras pola Universidade de Míchigan en 1977 e o Premio Nobel de Literatura en 1980, "pola súa voz inflexible nun mundo de conflitos severos".
Posteriormente coa caída do Pano de aceiro puido retornar ao seu país, onde se estableceu definitivamente os últimos anos da súa vida. Morreu o 14 de agosto de 2004 na súa residencia de Cracovia.
Obra seleccionadaEditar
|
|
Véxase taménEditar
A Galicitas posúe citas sobre: Czesław Miłosz |