Jacques Derrida

filósofo francés

Jacques Derrida Safar, nado en El-Biar (Alxeria) o 15 de xullo de 1930 e finado en París o 9 de outubro de 2004, foi un dos máis influentes teóricos e filósofos franceses contemporáneos. Desenvolveu a teoría da deconstrución, enunciada no traballo de Martin Heidegger.

Modelo:BiografíaJacques Derrida

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xullo de 1930 Editar o valor en Wikidata
El-Biar Editar o valor en Wikidata
Morte8 de outubro de 2004 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
5.º arrondissement de Paris, Francia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de páncreas Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemetery of Ris-Orangis (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade París I Panthéon-Sorbonne - humanidades (–1980)
Facultade de Artes de París
École Normale Supérieure
Universidade Harvard
Liceo Louis-le-Grand Editar o valor en Wikidata
Director de teseJean-Toussaint Desanti (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía da linguaxe Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Francia (1949–2004) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, profesor universitario, crítico literario, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de tempoFilosofía contemporánea Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1957 Editar o valor en Wikidata - 2004 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorÉcole des hautes études en sciences sociales (pt) Traducir
European Graduate School
Universidade da Califórnia em Irvine (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoPostestruturalismo e deconstrución Editar o valor en Wikidata
ProfesoresÉtienne Borne (pt) Traducir, Michel Foucault, Louis Althusser e Jean Hyppolite (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosPaul B. Preciado e Bernard-Henri Lévy Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
DoutorandoBernard Stiegler, Catherine Malabou (pt) Traducir, Carlos Alberto Lobo (en) Traducir, Serge Margel (en) Traducir, Hadrien Laroche (mul) Traducir, Philippe Beck (pt) Traducir, François Raffoul (en) Traducir, Pierre-Henri Castel (pt) Traducir, Karel Thein (en) Traducir, Carlos Lobo (pt) Traducir e Manola Antonioli (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeMarguerite Derrida (1957–2004) Editar o valor en Wikidata
FillosPierre Alféri, Daniel Agacinski Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of Biblical Criticism and Interpretation (2007 ed.) (en) Traducir, (sec:Derrida, Jacques (1930-2004))
UbuWeb Editar o valor en Wikidata
Páxina webplato.stanford.edu… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1104986 BNE: XX1130306 Dialnet: 173105 iTunes: 179200669 Musicbrainz: bf957c94-776f-449a-a4f7-2b37f7fd9a89 Discogs: 239969 Find a Grave: 9580205 Editar o valor en Wikidata
Tumba de Jacques Derrida.

Traxectoria

editar

En 1952 comezou o seu estudo de filosofía na Escola Normal Superior de París, onde máis tarde ensinou desde 1965 a 1984. Desde 1960 a 1964, Derrida ensinou na Sorbona, en París. Desde comezos de 1970 dividiu moito do seu tempo entre París e os Estados Unidos, onde ensinou en varias universidades.

Pensamento

editar

A obra de Derrida céntrase na linguaxe. Sostén que o modo metafísico ou tradicional de lectura produce unha infinidade de falsas suposicións sobre a natureza dos textos. Un lector tradicional cre que a linguaxe é capaz de expresar ideas sen cambialas, que na xerarquía da linguaxe escribir é secundario a falar, e que o autor dun texto é a fonte do seu sentido. O estilo deconstrutivista de lectura de Derrida subverte estas presuncións e desafía a idea de que un texto ten un significado inmutábel e unificado. A cultura occidental tendeu a asumir que a fala é unha vía clara e directa para comunicar. Derrida cuestiona esta presunción en psicanálise e lingüística. Como resultado, as intencións dos autores no discurso non poden ser incondicionalmente aceptadas. Isto multiplica o número de interpretacións lexítimas dun texto.

Deconstrución

editar

A deconstrución amosa os múltiples estratos de sentido nos que traballa a linguaxe. Deconstruíndo as obras de anteriores pensadores, Derrida intenta amosar que a linguaxe está mudando constantemente. Aínda que o pensamento de Derrida é considerado ás veces polos críticos como destrutivo da filosofía, a deconstrución pode ser mellor entendida como a mostra de ineludibles tensións entre os ideais de claridade e coherencia que gobernan a filosofía, e os inevitábeis defectos que acompañan a súa produción. Derrida dixo que a súa filosofía deconstrutivista nunca foi antimarxista en ningún sentido puro. Deste xeito agora moitos están esperando, talvez equivocamente, unha anticipación de se hai realmente un elemento político na súa gramatoloxía.

Un número importante de tendencias subxacen no punto de vista de Derrida en filosofía e, máis especificamente, na tradición occidental de pensamento. Estas son, primeiro, unha preocupación por reflectir arriba e abaixo a dependencia desta tradición da lóxica de identidade.

Lóxica da identidade

editar

Esta lóxica de identidade deriva particularmente de Aristóteles e, en palabras de Bertrand Russell, comprende as seguintes características claves:

  • 1- A lei de Identidade: O que é, é
  • 2- A lei de Contradición: Nada pode á vez ser e non ser
  • 3- A lei do Terceiro Excluído: Todo debe ser ou non ser

Estas leis de pensamento presupoñen non só coherencia lóxica, senón que tamén aluden a algo igualmente profundo e característico da tradición en cuestión, a saber: que hai unha realidade esencial, unha orixe á que estas leis se refiren. Para soster a coherencia lóxica, esta orixe debe ser: simple (libre de contradición) e homoxénea (da mesma substancia ou orde).

A través da deconstrución, Derrida comezou unha investigación fundamental na natureza da tradición metafísica occidental e as súas bases na lei de identidade. Superficialmente, os resultados desta investigación parecen revelar unha tradición perforada por paradoxos e aporías lóxicos, tal como a que segue, na filosofía de Rousseau.

Natureza

editar

Rousseau argumenta nun momento que a soa voz da natureza debería ser escoitada. Esta natureza é idéntica a si mesma, unha plenitude á cal nada pode ser engadido ou subtraído. Pero el tamén chama a nosa atención sobre o feito de que a natureza en verdade está algunhas veces carenciada. A carencia non chega a ser vista como común na natureza, se esa non é unha das súas máis significativas características. Deste modo, Derrida amosa, de acordo a Rousseau, que a natureza autosuficiente tamén está desprovista. A falta, en realidade, pon en perigo a autosuficiencia da natureza, isto é a súa identidade ou, como Derrida prefire, a súa autopresenza. A autosuficiencia da natureza pode ser mantida soamente se a carencia é suplida. Porén, en resgardo da lóxica de identidade se a natureza require un elemento supletorio tampouco pode ser autosuficiente (idéntica consigo mesma), porque autosuficiencia e necesidade son opostos: unha ou outra poden ser as bases dunha identidade pero non ambas, para que a contradición sexa evitada. Este exemplo non é ningunha excepción. A impureza desta identidade, ou o esmorecemento da súa autopresenza, é un feito ineludible.

Pero, máis amplamente, cada orixe aparentemente simple ten, como a súa íntima condición de posibilidade, unha non-orixe. Os seres humanos requiren a mediación da consciencia, ou o espello da linguaxe, para coñecerse a si mesmos e ao mundo; pero esta mediación ou espello (estas impurezas) ten que estar excluída do proceso de coñecemento; fai posible o coñecemento, aínda que non está incluída no proceso de coñecemento. Ou, se o están, como na filosofía dos fenomenólogos, elas mesmas (consciencia, subxectividade, linguaxe) deveñen equivalentes a unha sorte de presenza autoidéntica.

O proceso de deconstrución que investiga os fundamentos do pensamento occidental, non o fai coa esperanza de que será capaz de remexer estes paradoxos ou estas contradicións; nin o fai na pretensión de ser capaz de fuxir ás esixencias da súa tradición nin establecer un sistema da súa propia narrativa. Máis ben, recoñece que está forzado a empregar os mesmos conceptos que ve como insostibles, nos termos da demanda que realizan. Brevemente, tamén debe (ao menos provisionalmente) soster estas demandas.

O ímpeto da deconstrución non é simplemente que amosa, filosoficamente, que as leis de pensamento se atopan defectuosas. Máis ben, a tendencia evidente na obra de Derrida é un interese de penetrar efectos, abrir o terreo filosófico para que poida continuar sendo o sitio de creatividade e invención. A noción de diferenza ou différance, leva talvez á segunda tendencia máis claramente discerníbel na obra de Derrida, unha intimamente aliñada co desexo de manter a creatividade da filosofía.

Différance

editar

Différance é o termo acuñado por Derrida en 1968, á luz das súas investigacións na teoría saussureana e estruturalista da linguaxe. Mentres Saussure sufrira grandes dores ao mostrar que a linguaxe na súa forma máis xeral podía ser entendida como un sistema de diferenzas, sen termos positivos, Derrida notou que as totais implicacións desa concepción non foron apreciadas nin polos estruturalistas de días posteriores nin polo mesmo Saussure. Diferenza en termos positivos implica que esta dimensión en linguaxe debe permanecer sempre imperceptíbel, estritamente falando é inconceptualizábel.

En 1967 publicou tres libros: La voix et le phénomène, De la grammatologie e L'écriture et la différence; que introduciron o punto de vista deconstrutivista na lectura de textos. Derrida resistiu ser clasificado, e nos seus últimos traballos continuou redefinindo o seu pensamento.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar