Georges Bataille

Georges Bataille, nado en Billom (Puy-de-Dôme) o 10 de setembro de 1897 e finado en París o 9 de xullo de 1962, é un escritor francés.

Georges Bataille
Georges Bataille vers 1943.jpg
Nacemento10 de setembro de 1897
Lugar de nacementoBillom
Falecemento9 de xullo de 1962
Lugar de falecementoOrléans
CausaArteriosclerose
SoterradoVézelay
NacionalidadeFrancia
Relixiónateísmo
Alma máterÉcole des Chartes
Ocupaciónbibliotecario, escritor, debuxante e filósofo
CónxuxeSylvia Bataille e Diane Kotchoubey de Beauharnais
FillosLaurence Bataille e Julie Bataille
Coñecido porLe Mort, L'Impossible, L'Abbé C, Blue of Noon, The Accursed Share, sen etiquetar, L'Expérience intérieure, História do Olho, Le Petit, sen etiquetar, Dirty e sen etiquetar
Na rede
Musicbrainz: 25b54537-d229-4527-8e8e-89f03ae575c2 Editar o valor em Wikidata
Signature Georges Bataille.svg
editar datos en Wikidata ]
Sinatura de Georges Bataille.

TraxectoriaEditar

A súa familia estableceuse en Champagne en 1901, o que lle permitiu comezar os seus estudos en Reims e despois en Epernay.

Bataille quería ser sacerdote e asistiu a un seminario católico, pero abandonou a fe cristiá en 1922. En moitas ocasións fala dos bordeis de París como as súas auténticas igrexas. Despois traballou como bibliotecario, o que lle deu certa liberdade para non tratar as súas ideas como traballo.

Fundador de numerosas publicacións e grupos de escritores, foi autor dunha obra abundante e diversa: lecturas, poemas, ensaios sobre numerosos temas (sobre o misticismo da economía, poesía, filosofía, as artes, o erotismo). Algunhas veces publicou con pseudónimos, e algúns dos seus textos foron censurados.

Foi membro, xunto a Roger Caillois e outros, do influente Colexio de Socioloxía de Francia entre a Primeira e Segunda guerras mundiais. As súas influencias principais foron Hegel, Freud, Marx, Marcel Mauss, o Marqués de Sade e Friedrich Nietzsche. A Nietzsche defendeuno nun coñecido ensaio contra a súa apropiación polos nazis.

Fascinado polo sacrificio humano, fundou unha sociedade secreta, Acéphale (sen cabeza), cuxo símbolo era un home decapitado, co obxectivo de poñer en marcha unha nova relixión, e planeaba sacrificar a un dos seus membros como inauguración, creando un lazo imborrabel de complicidade. Aínda que varias persoas se manifestaron dispostas a deixarse matar, ninguén estivo disposto a cometer o asasinato. Bataille ofreceu a tarefa a Roger Caillois, pero este negouse.

Tiña un gran talento interdisciplinario, e usou diversas influencias e diversos modos de discurso para crear a súa obra. A súa novela Histoire de l'œil, publicada baixo o pseudónimo de Lord Auch (literalmente, Lord "á merda"), foi inicialmente lida como pura pornografía, pero a interpretación da obra madurou co tempo ata revelar a súa considerable profundidade emocional e filosófica, características doutros escritores categorizados dentro da "literatura da transgresión". As imaxes da novela están construídas sobre unha serie de metáforas que fan referencia a conceptos filosóficos desenvolvidos no seu traballo: o ollo, o ovo, o sol, a terra, o testículo.

Tivo un gran papel nas revistas: Documents, (1929-1931); Acéphale, (1936-1939); Critique, fundada por el en 1946.

Foi relativamente ignorado na súa época, e desdeñado por contemporáneos como Jean-Paul Sartre polo seu apoio ao misticismo, pero despois da súa morte influíu a filósofos postestruturalistas como Michel Foucault e Jacques Derrida, e escritores como Philippe Sollers, todos eles afiliados á publicación Tel Quel. Tamén influíu no traballo de filósofos anglosaxóns como Crispin Sartwell.

ObrasEditar

  • Les Monnaies des grands Mogols, París, J. Florange éditeur, s. d. (1927).
  • Histoire de l'œil, 1928 (co pseudónimo de Lord Auch).
  • L'Anus solaire[1], 1931.
  • Sacrifices, (aano descoñecido, entre 1922 e 1940)
  • Madame Edwarda, 1941 (datado en 1937, co pseudónimo de Pierre Angélique).
  • L'Expérience intérieure, 1943.
  • Le Petit (co pseudónimo de Louis Trente), 1943.
  • Le Coupable, 1944.
  • Dirty[2], coll. L'âge d'or, Fontaine, 1945.
  • La Part maudite, 1949.
  • L'Abbé C., 1950.
  • La Peinture préhistorique. Lascaux, ou la Naissance de l'art, 1955[3].
  • Le Bleu du ciel, 1957 (escrito en 1935).
  • L'Érotisme, 1957.
  • La littérature et le mal, 1957.
  • Les Larmes d'Éros[4], 1961.
  • L'Impossible, 1962 (primeira publicación en 1947 co título La haine de la poésie)
  • Ma mère, 1966 (póstuma et inacabada).
  • Le Mort, Jean-Jacques Pauvert Éditeur, 1967
  • Théorie de la religion, Texto fixado e presentado por Thadée Klossowski, Tel Gallimard, 1973.
  • Œuvres complètes. París, Gallimard, XII volumes, 1970-1988.
  • Romans et récits. Prefacio de Denis Hollier. Publicado baixo a direcciónn de Jean-François Louette. Gallimard, "Bibliothèque de la Pléiade", 2004.
  • L'Archangélique et autres poèmes. Gallimard, NRF/Poésies, 2008.
  • Le Souverain, Fata Morgana, 2010.

NotasEditar

  1. Ver http://classiques-litterature-erotique.blogspot.com/2011/01/lanus-solaire-georges-bataille.html.
  2. Publicado en Le Bleu du ciel.
  3. Les réponses érotiques de l’art préhistorique : un éclairage bataillien
  4. Onde é invocado o suplicio do lingchi ou "cen cachos"; as informacións sobre a orixe das fotografías e o grao de autenticidade da súa interpretación son dudosas Bataille et le supplicié chinois : erreurs sur la personne Arquivado 14 de novembro de 2007 en Wayback Machine.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Pascal Louvrier, Georges Bataille, la fascination du mal, París, Du Rocher, 2008
  • Bernd Mattheus, Georges Bataille. Eine Thanatographie (3 vol.), Matthes & Seitz Verlag, Múnic, 1984-1995
  • Michel Surya, Georges Bataille, la mort à l'œuvre, París, Séguier/Gallimard, 1987/1992
  • Georges Didi-Huberman, La ressemblance informe, ou le gai savoir visuel selon Georges Bataille, París, Minuit, 1995

Ligazóns externasEditar