Bernard-Henri Lévy

Bernard-Henri Lévy, nado en Béni-Saf, Alxeria, o 5 de novembro de 1948, é un escritor e filósofo francés, tamén coñecido como BHL.

Bernard-Henri Lévy
Bernard-Henri Lévy-tau-1.jpg
Nacemento5 de novembro de 1948
Lugar de nacementoBéni Saf
NacionalidadeFrancia
EtniaPobo xudeu
Relixiónateísmo
Alma máterÉcole Normale Supérieure, Lycée Pasteur, Lycée Louis-le-Grand e Instituto de Estudos Políticos de París
Ocupaciónfilósofo, escritor, editor, director de cinema, guionista, xornalista, novelista, empresario, actor e produtor de cine
CónxuxeArielle Dombasle e Isabelle Doutreluigne
FillosJustine Lévy e Antonin Lévy
IrmánsVéronique Lévy
PremiosPrix Interallié e Prêmio Médicis
editar datos en Wikidata ]
Bernard-Henri Lévy

TraxectoriaEditar

Ademais de escritor, Lévy é director de teatro e cinema, empresario e editorialista de revistas e xornais. É unha personalidade coñecida e polémica a nivel francés e internacional. Dende 1976 é un dos líderes do movemento denominado «novos filósofos» (nouveaux philosophes), corrente intelectual crítica co pensamento asociado ao Maio do 68.

Lévy naceu en 1948 en Béni Saf, en Alxeria, aínda baixo dominio francés, no seo dunha familia de xudeus sefardís. Logo de pasar varios anos en Marrocos, mudouse para Neuilly-sur-Seine, Francia, en 1954. Seu pai, André, fundou La Becob, unha empresa de importanción de madeiras africanas, comprada en 1997 polo grupo empresarial Pinault-Printemps-Redoute.

Logo de estudar no Lycée Louis-le-Grand de París ingresou en 1968 na Escola Normal Superior onde se licencia en Filosofía en 1971. Entre os seus profesores cóntanse intelectuais como Jacques Derrida ou Louis Althusser. Simpatizante das ideas maoístas en 1969 visitou Chiapas e, en 1970, Bangladesh.

Lévy foi profesor na Universidade de Estrasburgo, onde impartiu epistemoloxía. Tamén foi docente na Escola Normal Superior.

É considerado, por Pierre Bourdieu, como intelectualmente deshonesto e cuxo traballo compromete o auténtico debate intelectual.[1]

Os novos filósofos e "BHL"Editar

Dende o 1 de xullo de 1976, a revista Les Nouvelles littéraires publicou un número especial titulado «Os novos filósofos » que ten a Bernard-Henri Lévy como redactor-xefe. A revista foi voceiro dun grupo de intelectuais que, desencantados coas correntes comunistas e socialistas, desenvolveron unha crítica moral dos "dogmas" marxistas.

A publicación do libro La Barbarie á visage humain (A barbarie con rostro humano) en maio de 1977 (Editora Grasset), deulle unha grande notoriedade entre o público nacendo o chamado "fenómeno BHL". La Barbarie á visage humain denuncia o que considera como unha tentación totalitaria inerente a toda ideoloxía progresista. El denuncia ao mesmo tempo o fascismo e o comunismo histórico, querendo mostrarse como o representante dunha xeración nacdida logo deses modelos e desexosa de repensar a política alén dos esquemas totalitarios do fascismo e do estalinismo.

De 1980 a actualidadeEditar

En 1979, participou con Marek Halter, Jacques Attali, Françoise Giroud e, algúns outros a organización non gobernamental Action Contre La Faim no contexto na invasión soviética de Afganistán. En 1980, BHL e Marek Halter crearon o Comité dos Dereitos do Home, que defendeu o boicot dos Xogos Olímpicos de Verán de 1980. Nese mesmo ano, casou con Sylvie Bouscasse, de cuxa unión naceu seu fillo Antonin.

Durante a Guerra de Bosnia foi moi activo na defensa dos bosníacos denunciando as accións de serbios e croatas contra os veciños musulmáns. Foi convidado polo presidente bosníaco Alija Izetbegović en varias ocasións e participou na filmación da película "Bosna" que retratou o sitio de Saraxevo.

En 2011 tamén se manifestou favorable á intervención francesa en Libia para rematar co réxime de Gadafi así como en Siria contra Bashar al-Assad.[2][3] En 2021, amosou a súa solidariedade coa resistencia afgá fronte os talibáns e entrevistou a un dos seus líderes.[4][5]

CríticasEditar

Bernard-Henri Lévy é considerado un impostor intelectual por diversos xornalistas e filósofos.[6] Algúns dos libros que atacan as súas posicións son, por exemplo, "Le B.A. BA du BHL" de Jade Lindgaard e Xavier de La Porte, "Une imposture française" de Nicolas Beau e Olivier Toscer, ou "Un nouveau théologien" de Daniel Bensaid.

Lévy foi criticado polo sociólogo Pierre Bordieu pola súa proximidade con homes influentes do mundo dos negocios e os medios de comunicación, como Jean-Luc Lagardère, empresario da industria dos medios e o armamento. Administrador da empresa madeireira fundada polo seu pai, tamén foi atacado polo que se considera actuacións antiéticas nas antigas colonias francesas en África. Estas cuestións están descritas no libro de Nicolas Beau e Olivier Toscer titulado "Une imposture française", publicado pola editora Les Arènes en 2006 (p. 59).

Bernard-Henri Lévy tamén sufriu diversos ataques público en que recibiu tortas na cara.[7] Entre 1985 e 2015, Lévy recibiu oito tortas na cara en eventos públicos.

LibrosEditar

  • 1973 - "Bangla-Desh, Nationalisme dans la révolution"
  • 1977 - "La Barbarie á visage humain" (A barbárie con rostro human), Grasset, ISBN 2-246-00498-5
  • 1978 - "Le Testament de Dieu" (O Testamento de Deus),
  • 1981 - "L’Idéologie française"
  • 1983 - "Questions de principe I"
  • 1984 - "Le diable en tête"
  • 1985 - "Impressions d'Asie"
  • 1986 - "Questions de principe II"
  • 1988 - "Eloge des intellectuels"
  • 1988 - "Les derniers jours de Charles Baudelaire"
  • 1990 - "Questions de principe III"
  • 1990 - "Frank Stella, les années 80"
  • 1991 - "César, celui qui était trop gai"
  • 1991 - "Les aventures de la liberté, une histoire subjective des intellectuels"
  • 1992 - "L'art de Piero della Francesca et de Mondrian"
  • 1992 - "Le jugement dernier"
  • 1992 - "Questions de principe IV, Idées fixes"
  • 1993- "Les hommes et les femmes" (con Françoise Giroud)
  • 1994 - "La pureté dangereuse"
  • 1995 - "Questions de principe V"
  • 1996 - "Le Lys et la Cendre"
  • 1997 - "Comédie"
  • 1998 - "Questions de principe VIN" con Salman Rushdie
  • 2000 - "Le siècle de Sartre"
  • 2001 - "Questions de principe VII", Mémoire vive
  • 2002 - "Réflexions sur la Guerre, le Mal et la fin de l’Histoire"
  • 2002 - "Rapport au Président de la République et au Premier Ministre sur la participation de la France á la reconstruction de l’Afghanistan"
  • 2002 - "Ce grand cadavre á la renverse"
  • 2003 - "Qui a tué Daniel Pearl?"
  • 2004 - "Questions de principe III,jours de colère",
  • 2004 - "Questions de principe IX Récidive"
  • 2006 - "American Vertigo"
  • 2006 - "Questions de principe X, Ici et ailleurs"
  • 2008 - "Ennemis publics" (Correspondance entre Michel Houellebecq et BHL)

NotasEditar

  1. "Entrevista com Pierre Bourdieu". Consultado o 13 de xullo de 2021. 
  2. "SYRIE. Embarrassant BHL". Courrier international (en francés). 2011-07-25. Consultado o 2021-08-26. 
  3. "Bernard-Henri Levy: Turning to Syria". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 26 de agosto de 2021. 
  4. "Chagrin, pitié et résistance en Afghanistan". La Règle du Jeu. 2021-08-24. Consultado o 2021-08-26. 
  5. Match, Paris. "Exclusif - Ahmad Massoud: "Reddition est un mot qui ne figure pas dans mon dictionnaire"". parismatch.com (en francés). Consultado o 2021-08-26. 
  6. "L'imposture Bernard-Henri Lévy". 2008-10-10. Consultado o 2016-09-17. 
  7. "Les Inrocks - Pourquoi BHL est l’homme le plus détesté du web". 2014-12-07. Consultado o 2016-09-17. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar