Louis Althusser

filósofo francés

Louis Althusser, nado en Birmandreis (Alxeria) o 19 de outubro de 1918 e finado o 22 de outubro de 1990, foi un filósofo marxista da liña estruturalista.

Louis Althusser
Nome completoLouis Pierre Althusser
Nacemento16 de outubro de 1918
Lugar de nacementoBir Mourad Raïs
Falecemento22 de outubro de 1990
Lugar de falecementoParís e La Verrière
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoCimetière de Viroflay
NacionalidadeFrancia
Alma máterÉcole Normale Supérieure e Lycée du Parc
Ocupaciónfilósofo, político, profesor universitario e editor literario
CónxuxeHélène Rytmann
IrmánsGeorgette Althusser
Coñecido porFor Marx, Reading Capital (work level), Ideology and Ideological State Apparatuses (work level) e Philosophy and the Spontaneous Philosophy of the Scientists (work level)
Na rede
Dialnet: 822065 iTunes: 436753162 Musicbrainz: d6fe99d2-6fc4-464b-91dd-84c9e498eab8 WikiTree: Althusser-1 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Trala morte do seu pai, mudouse coa familia a Marsella. En 1937 uniuse ao movemento das xuventudes católicas. Como estudante destacado foi aceptado na prestixiosa École Normale Supérieure en París.

Recrutado na segunda guerra mundial, acabou nun campo de prisioneiros. Pasada a guerra afiliouse ao Partido Comunista Francés e acadou a condición de profesor na mencionada École. Cando Nikita Khrushchev se afastou do stalinismo, Garaudy e outros líderes comunistas entenderon que había que reformular o marxismo. Moitos tentaron recuperar as raíces humanistas de Marx. Althusser fixo unha dura crítica a esa deriva do Partido. A súa posición no Maio do 68 foi ambigua e máis ben distante.

Aqueixado de desequilibrios psiquiátricos, matou a súa muller o que supuxo o seu internamento no Hospital Sainte-Anne. Seguiu escribindo, aínda que as súas publicacións foron poucas a partir de entón. Un ataque ao corazón acabou coa súa vida.

Pensamento editar

Tras a superación do stalinismo no XX congreso do PCUS, Althusser amósase contrario a edulcorar o marxismo apelando ao primeiro Marx, o denominado xove Marx dos Manuscritos económico-filosóficos. Para Althusser, Marx é un creador de Ciencia igual que Galileo, o descubridor dun novo continente teórico: a historia. O materialismo histórico estuda a estrutura dos procesos de produción explica o cambio duns modelos a outros e constitúe unha auténtica filosofía da ciencia que vai alén da mera crítica a un sistema, neste caso o capitalismo.

Característica do sistema capitalista é a súa opacidade, onde os suxeitos non son conscientes dos mecanismos que subxacen ao sistema, mecanismo que por mor da ideoloxía se reviste cunha aparencia de inevitabilidade. Por iso é necesario un traballo teórico que desenmascare o proceso. Así grazas á teoría podemos coñecer, mediante o concepto de plusvalía, o empresario queda con parte da riqueza do traballador.

Althusser propón un marxismo puro, científico, sen antropoloxía, e polo tanto sen concesión para os humanismos de diverso signo que quixeron enriquecer o contido ideolóxico da esquerda revolucionaria. A historia non ten suxeito e está animada polas forzas produtivas e a loita de clases que desencadean.

Obras editar

  • Lire le Capital, 1965
  • Pour Marx, 1965