Parque Natural do Moncayo
Moncayo | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | Parque natural | ||
Ano de constitución: | 1978 | ||
Superficie: | 11.141 hectáreas | ||
Lexislación: | |||
Datos de interese | |||
País: | España | ||
Provincias: | Zaragoza | ||
Concellos: | Añón, Calcena, Litago, Lituénigo, Purujosa, San Martín de la Virgen del Moncayo, Talamantes, Tarazona e Trasmoz | ||
Ríos: | Isuela, Queiles, Huecha | ||
Picos | Moncayo (2315m), Lobera (2.226m),Morrón (1.731m), Peñas de Herrera(1.591m) | ||
Direccións de interese: | Centro de visitantes en Agramonte | ||
Teléfonos: | 976 19 21 25 |
Montaña considerada máxica polos celtas, romanos, árabes e cristiáns, O Moncayo ( do latín Mons Caunus polo aspecto do cumio cando está cuberto de neve), é un dos enclaves naturais máis importantes da comunidade de Aragón. Cunha altitude de 2.316 metros domina un extenso territorio e é a máxima elevación do sistema ibérico, separando as estepas do Val do Ebro e os páramos de Castela. A súa altitude e o brusco desnivel favorecen a aparición de diversos ecosistemas: dende restos de glaciares no cumio ata densos boscos de faias, carballos, bidueiros e Teixos ata praderías alpinas. Presenta dúas caras ben diferenciadas: a norte máis fría de húmida está cuberta por fragas atlánticas (grazas á influencia dos ventos do norte) e a sur de clara paisaxe mediterránea con abundancia de barrancos e de relevo agreste.
A fauna é variada: dende xabaril, corzos ou porco teixos, pasando polo voitre leonado, aguias reais, bufos e a charrela entre as aves. Os valores naturais deste contorno serviron para que se incluíra o Moncayo coma Sitio Natural de interese Nacional no 1927. Posteriormente reclasificouse coma Parque natural cunha superficie de 9.848 hectáreas englobando ó anterior Parque Natural da Devesa do Moncayo e unha serie de lugares de alto valor ecolóxico non incluídos anteriormente. Na zona destaca o Mosteiro cisterciense de Veruela.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Guía de los parques y reservas naturales de España. Francisco Santolalla. Editorial "March Editor". Ano 2004 (en castelán)