Charrela
A charrela,[1] ou perdiz charrela,[2] Perdix perdix, é unha especie ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, unha das tres comprendidas no xénero Perdix.
Charrela, perdiz charrela Perdix perdix | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parella de Perdix perdix | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Perdix perdix (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||
Distribución de Perdix perdix en Galicia
| |||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
De orixe eurasiática, foi introducida e aclimatada como peza de caza en Norteamérica, onde se distribúe na actualidade nas pradarías do norte dos Estados Unidos e do sur e o leste do Canadá.
Taxonomía
editarDescrición
editarA especie foi descrita en 1758 por Linneo na páxina 160 da 10ª edición do seu Systema Naturae,[3] co nome de Tetrao perdix.[4]
Etimoloxía
editarVer a etimoloxía en Perdix.
Subespecies
editarNa actualidade recoñécense nesta especie as oito subespecies seguintes:[3]
- Perdix perdix (Linnaeus, 1758)
- Perdix perdix armoricana Hartert, 1917 - Francia
- Perdix perdix canescens Buturlin, 1906 - Turquía, sur do Cáucaso, Transcaucasia e norte e noroeste de Irán.
- Perdix perdix hispaniensis Reichenow, 1892 - Pireneos centrais, norte de España e nordeste de Portugal
- Perdix perdix italica Hartert, 1917 - península Italiana
- Perdix perdix lucida (Altum, 1894) - desde Finlandia até os montes Urais polo leste, e aaté as ribeiras do mar Negro, Crimea e o Cáucaso polo sur.
- Perdix perdix perdix (Linnaeus, 1758) - sur de Escandinavia, Gran Bretaña, e do nordeste de Francia a Grecia.
- Perdix perdix robusta Homeyer & Tancre, 1883 - desde os Urais até o Altai, chegando polo leste a Saian e a república rusa de Tuba, e polo sur até a costa do mar Caspio, o mar de Aral e o Sinkiang.
- Perdix perdix sphagnetorum (Altum, 1894) - norte dos Países Baixos e noroeste de Alemaña.
Características
editarA charrela é unha ave de entre 29 e 31 cm de lonxitude, ás e cola arredondadas e aspecto gordecho. A fronte, os lados da cabeza e a gorxa son de coloración que vai do laranxa o castaño ferruxento, o lombo e as plumas superiores da cola son gris claras. Os lados e partes laterais do peito teñen bandas castañas, Na metade inferior do papo teñen unha mancha castaña, chamada escudo, que a miúdo falta ou é moi pequena nas femias. O debuxo da plumas cobertoiras dos ombreiros permite diferenciar as femias dos machos: as primeiras teñen listas transversais das que os machos carecen. Tamén o debuxo da parte superior da cabeza cambia segundo os sexos: os machos teñen raias que no caso das femias son manchiñas.[Cómpre referencia]
Bioloxía reprodutora
editarA época de apareamento comeza cando se acaba a parte máis dura do inverno. As charrelas establecen parellas monógamas que duran unha estación de cría. Fan o niño no chan, no que se confunden ben grazas á súa plumaxe críptica de fondo gris e castaño con manchas negras, avermelladas e castañas. Poñen entre 10 e 25 ovos, que chocan unhas tres semanas. As femias defenden o niño con forza e moitas veces non o abandonan ata o último momento, aínda que a ameaza sexa evidente. Cando os polos saen do ovo móvense en grupos familiares. Cando se atopan dúas familias durante a época de cría, poden ter lugar fortes disputas. Só a finais do outono se forman bandos compostos por varias familias. Durante o inverno as poboacións redúcense moito, malia a resistencia das charrelas ó frío.[Cómpre referencia]
As charrelas son moi fieis ós seus territorios e os exemplares novos adoitan asentarse preto dos adultos.[Cómpre referencia]
Status
editarA distribución xeográfica e o número de exemplares vense ameazados polos cambios nos sistemas agrícolas, sobre todo a mecanización das colleitas. A IUCN calcula a poboación total da charrela entre 2,5 e 5 millóns de exemplares, polo que, malia o lixeiro retroceso da especie, a cualifica como "non ameazada".
Nomes vulgares noutras linguas
editar- Alemán: Rebhuhn
- Catalán: Perdiu xerra
- Danés: Agerhøne
- Español: Perdiz pardilla
- Euskara: Eper gris
- Francés: Perdrix grise
- Inglés: Grey Partridge
- Italiano: Starna
- Neerlandés: Patrijs
- Polaco: Kuropatwa
- Sueco: Rapphöna
Notas =
editar- ↑ chrrela no Dicionario da RAG.
- ↑ Penas Patiño & Dapía Sanchez 1995, p. 395.
- ↑ 3,0 3,1 Perdix perdix (Linnaeus, 1758) no ITIS.
- ↑ Tetrao, na páx. 160 do Systema Naturae linneano.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- McGowan, P. J. K. (1994): "Family Phasianidae (Pheasants and Partridges)". En: del Hoyo, J.; Elliot, A.; Sargatal, J. "New World Vultures to Guineafowl". Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.
- Johnsgard, P. A. (1999): The Pheasants of the World. 2nd ed. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-1-5609-8839-7.
- Johnsgard, P. A. (1988): The Quails, Partridges, and Francolins of the World. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-7193-3.
- Penas Patiño, X. M. e E. Dapía Sanchez (1995): "Perdix perdix (Linn.) Perdiz charrela". En: VV. AA. Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo II, Aves. Santiago de Compostela: SGHN / CCG. ISBN 84-8717-289-X.
- Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Carlos Rodríguez Silvar (1991): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Bahia Edicións. ISBN 84-8767-406-2.
- Raethel, Heinz-Sigurd (1996): Wachteln, Rebhühner, Steinhühner, Frankoline und Verwandte. Reutlingen: Oerter+Spörer Verlag. ISBN 978-3-8862-7557-1.