Perdices

nome común dun grupo de aves

O nome de perdices aplícase a varias especie de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, especialmente ás dos xéneros Alectoris, Perdix e outros semellantes.[1][2]

Perdices nunha ilustración do Manuscrito de Baburnama (s. XVI).

Consideracións taxonómicas e lexicográficas editar

Os estudos científicos demostraron que o termo 'perdiz' non inclúe todas as especies derivadas dun mesmo antepasado, noutras palabras, o grupo das perdices é parafilético, non é, por tanto, un taxon. As clasificacións científicas recentes, como a do Congreso Ornitolóxico International (COI), inclúen a maioría destas aves dentro da subfamilia dos perdicinos, entre outras, as dos xéneros Perdix e Alectoris. Pero o termo perdiz tamén se referiu a varias outras especies. Así ocorre que algúns autores inclúen tamén no grupo a outras aves doutra subfamilia de fasiánidos, a dos tetraoninos, como Lagopus muta,[1][2] que máis propiamente deberiamos denominar lagópodo alpino ou lagópodo branco.[3]

Características editar

Constitúen un grupo de aves son migratorias de tamaño de mediano a pequeno, propias do Vello Mundo, distribiuídas por Europa, Asia, África e o Oriente Medio, que se alimentan fundamentalmente de sementes e aniñan no solo.[4]

Segundo a definición que delas fixo Georges Cuvier en 1805, as perdices son galináceas de pequeno tamaño e que ningunha delas teñen esporóns[5]

Moitas delas son das aves de caza máis estimadas, xa que a súa carne é de alto valor culinario.[4]

Etimoloxía editar

A palabra perdiz provén do latín perdicem, acusativo de perdix, e este á súa vez do grego antigo πέρδιξ pérdix, nome da ave en que se transformou Pérdix, o sobriño de Dédalo.[6]

Na mitoloxía editar

Segundo a mitoloxía grega a primeira perdiz apareceu cando Dédalo, envexoso das habilidades do seu sobriño Pérdix, nun arrebato de ira, guindouno desde o alto do templo de Atenea na Acrópole. Pero a deusa, que favorecía o enxeño, viuno caer e cambiou o seu destino transformándoo nunha ave bautizada co seu nome: a perdiz. Esta ave non fai o seu niño nas árbores nin voa alto, senón que aniña no solo e evita os lugares elevados, consciente da súa caída. Polo seu crime, Dédalo foi xulgado e desterrado.[7]

Na arte editar

Encontramos perdices en moitos bodegóns ou naturezas mortas que representan trofeos de caza, así como a súa representación en outras obras artísticas.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Perdiz Arquivado 16 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine. en DiGalego.
  2. 2,0 2,1 Conde Teira, M. A. (1999): "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada". Chioglossa, 1: 121-138.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lagópodo.
  4. 4,0 4,1 McGowan 1994, pp. 434–479.
  5. Cuvier, G. (1805): Anat. comp., t. 4, p. 472.
  6. perdiz en Etimologías de Chile.
  7. Ovidio (8). Metamorfoses, VIII 236-255. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • McGowan, P. J. K. (1994): "Family Phasianidae (Pheasants and Partridges)". En: del Hoyo, J.; Elliot, A.; Sargatal, J. "New World Vultures to Guineafowl". Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.
  • Johnsgard, P. A. (1999): The Pheasants of the World. 2nd ed. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-1-5609-8839-7.
  • Johnsgard, P. A. (1988): The Quails, Partridges, and Francolins of the World. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-7193-3.

Outros artigos editar