Alectoris
Alectoris é un xénero aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, que se distribúen polo sur de Europa, norte de África, Arabia e Asia ata o Tíbet e o leste da China.
Alectoris | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Perdiz común ou perdiz rubia (Alectoris rufa) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Área de distribución das especies de Alectoris
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
|
Especies deste xénero foron introducidas en Norteamérica, Nova Zelandia e Hawai.
Características
editarSon aves non migratorias que habitan montes e lombeiros. Chocan ata 20 ovos nos seus niños e aliméntanse principalmente de sementes e dalgúns insectos.
Taxonomía
editarDescrición
editarO xénero foi descrito en 1829 polo naturalista alemán Johann Jakob Kaup.[1]
Etimoloxía
editarO nome científico Alectoris deriva do grego antigo ἀλέκτωρ -ορος aléktōr, -oros, 'galo'.[2]
Especies
editarNa actualidade, segundo o Sistema Integrado de Información Taxonómica, recoñécense, dentro do xénero as sete especies seguintes:[1]
- Alectoris barbara (Bonnaterre, 1792)
- Alectoris chukar (J. E. Gray, 1830)
- Alectoris graeca (Meisner, 1804)
- Alectoris magna (Prjevalsky, 1876)
- Alectoris melanocephala (Ruppell, 1835)
- Alectoris philbyi Lowe, 1934
- Alectoris rufa (Linnaeus, 1758)
A perdiz común
editarDas especies mencionadas, a 'perdiz común',[3] ou 'perdiz rubia',[4] Alectoris rufa, é a máis codiciada no mundo cinexético pola súa rapidez de vo e dificultade para ser abatida. Considérase a raíña da caza menor polo que foi introducida noutros lugares fóra da súa área de distribución orixinal. Considérase unha especie autóctona da Península Ibérica, aínda que outras subespecies distribúense por outros lugares e illas do continente europeo.
A perdiz común mide uns 34 cm de lonxitude. Posúe plumas pardovermellas coa gorxa branca e franxas escuras na parte superior do peito. As patas e o peteiro son vermellos. Viven en lugares rochosos, terreos secos e monte baixo de España, Portugal, Francia, sur do Reino Unido, Illas Baleares, Córsega e nalgúns lugares de Italia.
A alteración do seu hábitat pola construción de infraestruturas e actividades humanas, a presión cinexética excesiva e incontrolada e a alteración xenética pola mestura de especies entre as poboacións silvestres con perdices de granxa máis "mansas", convertérona nunha especie vulnerable.
Dentro esta especie recoñecense as seguintes subespecies:
- A. rufa hispánica (noroeste peninsular)
- A. r. intercedens (leste e sur peninsular)
- A. r. australis (Canarias)
- A. r. laubmani (Baleares)
- A. r. rufa (Francia)
- A. r. madereinsis (Madeira)
- A. r. corsa (Córsega)
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Alectoris Kaup, 1829 no ITIS.
- ↑ Alectoris no Merriam-Webster Unabiged Dictionary.
- ↑ perdiz no Dicionario da RAG.
- ↑ Penas Patiño, Xose M., Carlos Pedreira López e Calros Silvar (1991): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Bahia Edicións. ISBN 84-8767-406-2.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alectoris |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Alectoris |
Bibliografía
editar- Madge, Steve; McGowan, Philip J. K. & Kirwan, Guy M. (2002): Pheasants, partidges and grouse: a guide to the pheasants, partridges, quails, grouse, guineafowl, buttonquails and sandgrouse of the world. Londres: Christopher Helm. ISBN 0-7136-3966-0.