Río Queiles

O río Queiles é un río español, afluente do río Ebro pola beira dereita, no cal desauga despois dun curso de 45 km.

Río Queiles
RioQueilesVozmediano.JPG
PaísEspaña
ProvinciaSoria
Zaragoza
NacementoVozmediano (Moncayo)
Altitude920 msnm
Lonxitude45 km
Conca509 km²
DesembocaduraRío Ebro
Nacemento do Queiles

PercorridoEditar

O Queiles nace na localidade de Vozmediano, preto do Moncayo, na provincia de Soria, a 920 m de altitude. Entra logo na provincia de Zaragoza, na cal atravesa as poboacións de Tarazona, Novallas e Los Fayos.

Finalmente, pasa pola Ribeira da Navarra, onde baña as localidades de Monteagudo, Tulebras e máis Murchante, para se xuntar, por último, coas augas do Ebro en Tudela.

Conca e caudalEditar

A bacía de Queiles ocupa 509 km2. Deita no Ebro 20 hm3 anuais.

ExplotaciónEditar

No seu curso hai unha piscifactoría e tres centrais hidroeléctricas. Parte do seu caudal é desviado para subministrar auga á cidade de Zaragoza.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar