Pulpí é un concello da provincia de Almería, Andalucía, en España. No ano 2006 contaba con 7.537 habitantes. A súa extensión é de 96 km² e contaba cunha densidade de poboación de 79.2 hab/km², situada a unha altitude de 197 metros e a 121 quilómetros da capital da provincia, Almería. As súas principais actividades económicas son a agricultura, a construción, a gandería e o turismo. Experimentou un gran desenvolvemento urbanístico nos últimos anos, mesmo na costa, ata tal punto que os baixos quedan alagados pola auga cando hai temporal[1]

Localización de Pulpí

Tradicionalmente o comercio do esparto foi unha actividade importante para parte dos habitantes do concello, denominados peregrines, actuaban de intermediarios entre os cultivadores e os mercadores de Murcia e Águilas[2]

Notas editar

  1. Andrés García Lorca Desarrollo regional y crisis del turismo en Andalucía, Instituto de Estudios Almerienses, 1994, ISBN 8486862655, páxina 207
  2. José Antonio González Alcantud et al. La tierra: Mitos, ritos y realidades, Anthropos Editorial, 1992, ISBN 8476583656, páxina 268
 
Costa de Pulpí
 
Pedanía de San Juan de los Terreros