Cuevas del Almanzora

Cuevas del Almanzora é un concello da provincia de Almería. A súa extensión é de 263 km² e ten unha densidade de 49,52 hab/km². Está situada a unha altitude de 88 metros e a 97 quilómetros da capital da provincia, Almería. Segundo o INE, no ano 2010 contaba con 12.891 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaCuevas del Almanzora
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 37°17′49″N 1°52′47″O / 37.296944444444, -1.8797222222222Coordenadas: 37°17′49″N 1°52′47″O / 37.296944444444, -1.8797222222222
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Almería Editar o valor em Wikidata
CapitalCuevas del Almanzora (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación15.023 (2023) Editar o valor em Wikidata (56,96 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie263,76 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor em Wikidata
Altitude88 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJesús Caicedo Bernabé Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal04610 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE04035 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webcuevasdelalmanzora.es Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

O concello de Cuevas del Almanzora sitúase no nordeste da provincia de Almería. Limita ao norte con Huércal-Overa e Pulpí, ao sur con Vera e Antas, ao leste co mar Mediterráneo e ao oeste con Antas e Huércal-Overa, novamente. Ten unha extensión de 263 quilómetros cadrados e uns 14 quilómetros de costa.

Algúns dos accidentes xeográficos que conforman a xeografía do concello son o río Almanzora, o delta deste mesmo río e a Serra Almagrera ou a Serra de Almagro, na cal atópase o cerro Cucharón, de 711 metros de altura (a máxima elevación do concello).

Demografía editar

Número de habitantes no período 2000-2010.

2000 10.792
2002 10.155
2003 10.776
2004 11.001
2005 11.484
2006 11.422
2007 11.649
2008 12.596
2009 13.025
2010 12.891

Clima editar

As mesmas temperaturas adoitan manterse ao longo do ano, mentres que as precipitacións se concentran entre os meses de outubro ata abril, sendo a media anual de 200 mm. En ocasións as precipitacións móstranse en forma de chuvias torrenciais, dando lugar a riadas que, a finais do século XIX e no 1973 causaron o derbordamento do río Almanzora, inundando así cultivos e núcleos de poboación. Debido a esta última riada construíuse un sistema de canalización do río e unha presa para así controlar o seu caudal en períodos de alta pluviosidade.

Autoestradas e autovías editar

Barrios e pedanías editar

Patrimonio artístico e monumental editar

Museos editar

  • Museo de Arte Contemporánea Antonio Manuel Campoy: o museo consta de diversas coleccións, entre as que destaca a de pintura, cunhas 400 obras de autores contemporáneos tan significativos como Picasso, Solana, Miró, Pedro Bueno, Tapies, Revello de Toro, Vela Zanetti, Cristóbal Toral, Matías Quetglas, César Enrique, Barceló, Benjamín Palencia, Álvaro Delgado, Lapayese, Clavé ou Redondela.
  • Sala Goya: exposición permanente de dúas carpetas de gravados de Goya, Los Proverbios o Disparates y Tauromaquia.
  • Cova-Museo: esta cova representa a forma de vida das covas de medidados do século XX, pero con todos os utensilios significativos.
  • Museo Sotomayor: Situado na Casa Figueras, está formado por catro salas de exposición permanente nas que se pode ver o ambiente de traballo do poeta, con mobiliario do seu propio despacho, comedor, dormitorio e biblioteca. Expóñense tamén máis de 200 obras literarias dos séculos XVIII e XIX, que compoñía a biblioteca persoal de Sotomayor, e unha serie de imáxenes, gravados e cadros do poeta.
  • Museo Arqueolóxico: Fuente Álamo é un sitio arqueolóxico prehistórico da Cultura de El Argar. O percorrido polas salas interpreta o territorio, o poboado e a vida e a morte dos habitantes deste lugar, que ocuparon estas terras durante máis de 600 anos (desde hai 4.000 anos ata hai 3.300).

Bens inmobles protexidos editar

Castelo do Marqués dos Vélez editar

O Castelo do Marqués dos Vélez, símbolo de Cuevas del Almanzora, é un palacio-fortaleza de estilo gótico mandado construír por Pedro Fajardo no século XVI, primeiro Marquesado dos Vélez, e restaurado posteriormente nos séculos XVIII e XX. Atópase situado no alto dun outeiro, dominando a poboación, e consérvase en moi bo estado. Todo o conxunto está formado polo Palacio do Marqués, o anfiteatro, o patio empedrado e a Torre da Homenaxe, ademais de varias dependencias como o Museo Antonio Manuel Campoy e a Casa de la Tercia.

Casa da Tercia editar

A Casa da Tercia forma parte das dependencias do Castelo do Marqués dos Vélez. Foi levantada no século XVIII, presenta un estilo neoclásico, e na actualidade foi recentemente restaurado. No seu interior acolle o Arquivo Histórico Municipal, a Biblioteca e o Museo Arqueolóxico.

Patrimonio Artístico Relixioso editar

  • Igrexa de Nosa Señora da Encarnación (século XVIII): declarada Monumento Histórico Artístico Nacional en 1983
  • Capela do Carmen (século XIX): esta capela pertence á Igrexa de Nosa Señora da Encarnación.
  • Convento de San Antonio Abad (século XVII): coñecido como Hospital de San Antón por ter sido durante varios séculos hospital de beneficencia.
  • Convento de San Francisco (século XVII): foi fundado polo patrocinio do marqués don Fernando Fajardo e de súa nai, dona Mariana de Toledo. O comezo da súa construción foi en 1651, aínda que a primeira comunidade de freires franciscanos estivo vivindo durante un ano na ermida de San Diego.
  • Igrexa de San Sebastián (século XVIII)
  • Ermida de San Diego (século XVI-XVII)

Sitios arqueolóxicos editar

Arquitectura mineira editar

  • Ruínas mineiras do Barranco do Jaroso: foi o maior distrito mineiro de prata nativa e arxentífera de toda Europa no século XIX.
  • Máquina de Vapor Fixa de Extracción de mineral: é a máis antiga de España e declarada Ben de Interese Cultural.
  • Poboado mineiro de El Arteal
  • Torre La Atalaya
  • Cargadeiro de Cala de las Conchas
  • Fundición San Francisco Javier ou Huelín (Palomares)
  • Fundición Fábrica Nueva
  • Fundición La Invencible
  • Pozo Alianza (Las Herrerias)