Francisco Jódar

político español

Francisco Jódar Alonso, nado en Lorca (Murcia) o 9 de novembro de 1955, é un político español e actual alcalde de Lorca.

Infotaula de personaFrancisco Jódar

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de novembro de 1955 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Lorca, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Lorca
Q92020321 Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Lorca Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , xurista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Francisco Jódar está casado e ten dúas fillas. Licenciouse en Dereito na Universidade de Murcia e é interventor do Ministerio de Defensa en situación de excedencia.[1]

Traxectoria política editar

Foi candidato polo Partido Popular de Lorca nas eleccións dos anos 1999, 2003, 2007 e 2011. En 2007 gañou as eleccións por maioría absoluta, tomando posesión do cargo o 16 de xuño,[1] acabando así con 28 anos de hexemonía socialista no municipio de Lorca. Nas eleccións de 2011 volveu revalidar a alcaldía.

Durante o seu primeiro mandato tivo que facer fronte aos terremotos que arrasaron Lorca o 11 de maio de 2011. No seu segundo mandato ten como obxectivo a reconstrución da cidade.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 La Verdad (laverdad.es) (28 de maio de 2007). "Francisco Jódar (PP) será o novo alcalde de Lorca tras aspirar ao cargo desde 1999" (en español). Consultado o 4 de setembro de 2011. 
  2. La Verdad (laverdad.es) (24 de maio de 2011). "A miña prioridade é reconstruír Lorca»" (en español). Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2012. Consultado o 4 de setembro de 2011. 

Véxase tamén editar

Predecesor:
Leoncio Collado
 
Alcalde de Lorca

2007–actualidade
Sucesor:
No cargo