Praza de touros de La Malagueta

La Malagueta é a praza de touros da cidade de Málaga, en Andalucía (España). Atópase situada na zona que lle dá o seu nome, o barrio de La Malagueta, no Distrito Leste, xunto ao Paseo de Reding.

Praza de touros de La Malagueta
Vista xeral da praza
Coordenadas36°43′13″N 4°24′39″O / 36.72038466, -4.410797214Coordenadas: 36°43′13″N 4°24′39″O / 36.72038466, -4.410797214
editar datos en Wikidata ]
La Malagueta no ano 1900.

Historia editar

Foi construída en 1874 por Joaquín Rucoba, inaugurándose o 11 de xuño de 1876 con touros da gandería de Murube que foron lidados por Rafael Molina "Lagartijo", Antonio Carmona y Luque "El Gordito", e Manuel Rodríguez "Desperdicios".

En 1976 foi declarada Conxunto Histórico-Artístico, coincidindo co centenario da súa inauguración, e en 1981, Ben de Interese Cultural.

Actualmente pertence á Deputación Provincial de Málaga que a subarrenda por concurso público.

Edificio editar

A Praza é de estilo neomudéxar, tendo forma dun hexadecágono. Tras a reforma levada a cabo en 2010 o coso posúe un aforamento para 9.032 espectadores.[1] O rodo mide 52 metros de diámetro e as instalacións da praza inclúen 4 currais, 10 chiqueros, caballerizas, corraleta para a proba de cabalos, sala de toureiros, enfermería etc.

Nas súas dependencias atópase situado o Museo Taurino Antonio Ordóñez.

Esta praza, de 1ª categoría, é un recinto taurino de tempada, e entre os seus festexos cabe destacar as dúas corridas de touros en Semana Santa, que inclúen a denominada "Corrida Picassiana", a "Corrida de la Prensa" que se celebra no mes de xuño pola festividade dos Santos Patróns San Ciriaco e Santa Paula, os festexos durante a Feira de Agosto e a corrida de touros no mes de setembro coincidindo coa festividade da Virxe da Vitoria, patroa malagueña.

Notas editar

  1. El Mundo, Nº 626, Domingo 26 de setembro de 2011, Magacine páx. 32

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar