La Malagueta é un barrio do distrito Centro da cidade de Málaga, en Andalucía (España). Segundo a división oficial de barrios do concello, limita ao norte co barrio de Campos Elíseos; ao oeste, co Ensanche Centro e ao leste con La Caleta.[1]

Modelo:Xeografía políticaLa Malagueta
Imaxe

Localización
Mapa
 36°43′09″N 4°24′42″O / 36.71926781, -4.41159334Coordenadas: 36°43′09″N 4°24′42″O / 36.71926781, -4.41159334
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Málaga
MunicipioMálaga
District of Málaga (en) TraducirCentro (District 1) (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

O barrio de La Malagueta desde o centro cara á esquerda da panorámica.

O barrio aséntase sobre unha porción de terreo triangular que penetra no mar, situado entre o peirao de levante do porto e a praia de La Malagueta. No vértice deste triángulo atópase La Farola.

Historia editar

Durante o século XIX La Malagueta era unha zona industrial atravesada por unha vía dos Ferrocarriles Suburbanos de Málaga. O terreo estaba ocupado por fábricas azucreiras, adegas, un estaleiro e outros usos industriais. Os seus habitantes eran marengos e jabegotes, dedicados á pesca, que vivían en chozas ou cabanas. Estas eran as únicas vivendas da zona ata que se construíron o Hospital Noble e a praza de touros de La Malagueta e empezaron a aparecer vilas e mansións burguesas ao longo do Paseo de la Farola e do Paseo de Reding.

Os eixos viarios do barrio do século XIX eran a rúa Maestranza, onde se instalou a fábrica de enerxía eléctrica The Málaga Electricity Company en 1888, e a de Vélez-Málaga, ás que despois se sumarían as rúas Fernando Camino, Keromnés, Arenal e Puerto. A chegada do ferrocarril a finais de século supuxo a creación dun dique, dando inicio á instalación de merendeiros na zona.

A principios do século XX aparecen os primeiros balnearios, como os baños de Apolo e da Estrella. Non obstante as actividades industriais continuaron desenvolvéndose coa instalación de fábricas como a fundición de Roldán, a Fabril Malagueña de Hidalgo Espíldora, a fábrica de olivas de Manzano, a adega de Barceló e un serradoiro. Os balnearios levantábanse no mar sobre sustentos de ferro e contaban con bares, restaurante e vestidores, desde onde se descendía por unhas escalinatas para tomar o baño. As zonas de baño estaban cubertas por esparto para protexer a intimidade dos bañistas e existían zonas separadas para homes e mulleres.

Na actualidade, La Malagueta constitúe un dos mellores exemplos do urbanismo do desenvolvismo da cidade, xa que durante a década de 1960 levantáronse edificios de altura sen previa planificación para albergar o maior número de vivendas posible no menor espazo posible.

Lugares de interese editar

Transporte editar

A futura estación de La Malagueta será a terminal das liñas 1, 2 e 3 do metro de Málaga, que se atopa en construción. En autobús o barrio queda conectado mediante as seguintes liñas da EMT: C2, 1, 3, 4, 11, 14, 16, 19, 25, 32, 33, 34, 35, 37 e N1.

Notas editar

  1. "Plano oficial de delimitación de barrios do distrito 1" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de marzo de 2014. Consultado o 05 de febreiro de 2017.