Popayán

cidade e concello do departamento do Cauca, Colombia

Coordenadas: 2°27′33″N 76°36′1″O / 2.45917, -76.60028

Popayán, oficialmente Asunción de Popayán, é un concello colombiano, capital do departamento do Cauca. Atópase localizado no val de Pubenza, entre a Cordilleira Occidental e Central ó suroeste do país. A súa extensión territorial é de 512 km², a súa altitude media é de 1760 m sobre o nivel do mar, a súa precipitación media anual de 1.941 mm, a súa temperatura media de 14/19 °C e distancia aproximada de 600 km a Bogotá, capital de Colombia. É unha das cidades máis antigas e mellor conservadas de América, o que se ve reflectido na súa arquitectura e tradicións relixiosas, recoñecida pola súa arquitectura colonial e o coidado das fachadas. Popayán ten un dos meirandes Centros Históricos Coloniais do país e de América, cun total aproximado de 236 mazás de sector histórico.

Popayán
Flag of Popayán.svg
Escudo de Popayán.svg
Catedralpopayan.jpg
Catedral de Popayán.
Localización
Popayán en Colombia
Popayán
Popayán
PaísFlag of Colombia.svg Colombia
DepartamentoCauca
Xeografía
Altitude1760 msnm
Superficie512[1] km²
Demografía
Poboación284 949 (2018)[2]
Densidade556,54 hab/km²
Xentiliciopayanés/payanesa
patojo/patoja
popayanejo/popayaneja
Outros datos
Código postal190001-190019
AlcaldeJuan Carlos López Castrillón (2020-2023)
Páxina oficial

No 2005, a UNESCO designou á cidade de Popayán como Cidade UNESCO da Gastronomía pola súa variedade e significado para o patrimonio intanxible dos colombianos. A cociña caucana foi escollida por manter os seus métodos tradicionais de preparación a través da tradición oral. O 28 de setembro de 2009 as Procesións de Semana Santa de Popayán foron declaradas pola UNESCO como Obra Mestra do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade.

NotasEditar

  1. "Información general de Popayán". Alcaldía do concello. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  2. "Resultados y proyecciones (2005-2020) del censo 2005". DANE. Consultado o 2 de xaneiro de 2017. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Aragón, Arcesio (1941), Fastos Payaneses 1536-1936, Bogotá: Imprenta Nacional.
  • Castrillón Arboleda, Diego (1994), Muros de Bronce - Popayán y sus estancias históricas, Cali: Feriva S.A.
  • Díaz López, Zamira (1994). Oro, sociedad y economía. El sistema colonial en la Gobernación de Popayán 1533-1733. Bogotá: Banco de la República.
  • Martínez Delgado, Luis (1959), Popayán, Ciudad Procera, Bogotá: Editorial Kelly.

Ligazóns externasEditar