Zacatecas

Zacatecas é a capital do estado de Zacatecas, en México, unha cidade fundada o 8 de setembro de 1546 a partir do descubrimento de minas de prata por Juan de Tolosa. A súa riqueza mineral deulle grandes ingresos á Coroa Española, o que fixo posible que recibira o título de Cidade da Nosa Señora dos Zacatecas. Coa veciña cidade de Guadalupe forma unha zona metropolitana, a máis poboada do estado.

Centro histórico de Zacatecas
ZacatecasView.JPG
Centro histórico de Zacatecas
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísFlag of Mexico.svg México
LocalizaciónCoordenadas: 22°46′N 102°33′O / 22.767, -102.550
TipoCultural
CriteriosII, IV
Inscrición1993 (17ª sesión)
Rexión da UNESCOLatino América e o Caribe
Identificador676
Rúa Tacuba Centro, Zacatecas (Zacatecas), México.

A cidade ostenta os títulos de Moi Nobre e Moi Leal Cidade de Zacatecas, outorgamento dado polo rei Filipe II de España o día 20 de xuño de 1588 en San Lorenzo de El Escorial, Madrid.[1]

En 1993, o seu centro histórico foi nomeado pola Unesco como Patrimonio Cultural da Humanidade pola súa traza urbana, riqueza arquitectónica e a súa historia. O 23 de xuño de 2010 foi nomeada "cidade heroica" pola LX Lexislatura do Poder Lexislativo do Estado de Zacatecas e publicado o bando solemne polo Concello o 10 de novembro do mesmo ano.[2]

NotasEditar

  1. Temas Zacatecanos. Federico Sescosse Lejeune. Sociedad Amigos de Zacatecas. 1985. Zacatecas, México.
  2. El mexicano Declaran a Zacatecas "Ciudad Heroica" Arquivado 13 de decembro de 2013 en Wayback Machine., El Mexicano.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.