Rincón de la Victoria
concello andaluz da provincia de Málaga
Rincón de la Victoria é un municipio da provincia de Málaga, en Andalucía, España. Está situado na comarca da Axarquía e integrado no área metropolitana de Málaga e a Mancomunidade de Municipios da Costa do Sol-Axarquía.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Málaga | ||||
Capital | Rincón de la Victoria | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 52.230 (2024) (1.898,58 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 27,51 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 8 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Francisco Salado Escaño | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 29730 e 29738 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 29082 | ||||
Sitio web | rincondelavictoria.es |
Limita ao norte cos municipios de Totalán e Moclinejo; ao nordés, co municipio de Macharaviaya; ao leste, co municipio de Vélez-Málaga; ao sur, co mar Mediterráneo; e ao oeste co municipio de Málaga.
Cunha poboación de 37.145 habitantes segundo o censo de 2008, El Rincón é o décimo municipio máis poboado da provincia malagueña. Debido á súa proximidade á cidade de Málaga converteuse en cidade dormitorio, aínda que aínda conserva parte do seu carácter mariñeiro.