Zenódoto de Éfeso
Zenódoto ou Zanodoto de Éfeso (Ζηνόδοτος), gramático grego, crítico literario, e estudoso de Homero; primeiro bibliotecario da Biblioteca de Alexandría; alumno de Filetas de Cos; natural de Éfeso. Viviu durante os reinados dos primeiros dous tolomeos, e alcanzou a cima da súa reputación cara a 280 a.C.
Nome orixinal | (el) Ζηνόδοτος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 330 a. C. Éfeso |
Morte | c. 260 a. C. (69/70 anos) |
Director da Biblioteca de Alexandría | |
← Demetrio de Falero – Apolonio de Rodas → | |
Actividade | |
Ocupación | bibliotecario , Hofmeister (pt) , editor literario , epigramatista , escritor , poeta , gramático |
Período de tempo | Período helenístico |
Profesores | Filetas de Cos |
Alumnos | Aristófanes de Bizancio e Tolomeo II Filadelfo |
Lingua | Grego antigo |
Traxectoria
editarFoi o primeiro director da Biblioteca de Alexandría e o primeiro editor crítico (διορθώτης diorthōtes) de Homero. Os seus compañeiros de tarefa foron Alexandre de Etolia e Licofrón de Calcis, a quen estaban encomendados os escritores tráxicos e cómicos, respectivamente, quedando para o propio Zenódoto Homero e os poetas épicos.
Aínda que se lle reprochou a súa arbitrariedade e un coñecemento insuficiente do idioma grego, o seu traballo constituíu unha sólida base para a crítica futura. Tras cotexar os diferentes manuscritos da biblioteca, refugou ou marcou os versos dubidosos, traspuso ou alterou liñas e introduciu novas lecturas. É probábel que fose responsábel da división dos poemas homéricos en vinte e catro libros cada un (utilizando maiúsculas para a Ilíada e minúsculas para a Odisea), e posibelmente fose o autor do cálculo dos días da Ilíada na Tabula Iliaca.
Non parece que escriba ningún comentario sobre Homero, pero as súas γλῶσσαι (glōssai, listas de palabras infrecuentes) homéricas probabelmente foron a fonte de explicacións de Homero atribuídas polos gramáticos a Zenodoto. Tamén deu leccións sobre Hesíodo, Anacreonte e Píndaro, se é que non publicou edicións deles. Foi chamado poeta épico pola Suda, e #atribúenlle tres epigramas da Antoloxía Palatina.
Parece tamén que existiron outros dous gramáticos do mesmo nome:
- Zenódoto de Alexandría, alcumado ὁ ἐν ἄστει (ho en astei—"o da cidade", i.e. Alexandría)
- Zenodoto de Mallo, discípulo de Crates, quen como o seu mestre atacou a Aristarco de Samotracia.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- R. Pfeiffer (1968), History of Classical Scholarship (Oxford), pp. 105–22
- L.D. Reynolds e N.G. Wilson (1991), Scribes and Scholars (3rd edition, Oxford), pp. 8–12