Tolomeo II Filadelfo

Tolomeo Filadelfo (grego antigo: Πτολεμαῖος Φιλάδελφος Ptolemaȋos Philádelphos;[1] Cos 308 a.C.[2] [3]; [4] xaneiro 246 a.C.[5] [6]) chamado na historiografía moderna Tolomeo II, foi un faraón exipcio pertencente ó período tolemaico, segundo gobernante da dinastía, co-rexente dende 285 a.C. e único monarca dende 282 a.C. ata súa morte.

Tolomeo II Filadelfo
Nacemento308 a. C.
Lugar de nacementoCos
Falecemento246 a. C.
Lugar de falecementoAlexandría
NacionalidadeAntigo Exipto
Ocupaciónmonarca
PaiTolomeo I Sóter
NaiBerenice I
CónxuxeArsínoe I e Arsínoe II
FillosPtolomeo III Everxetes, Berenice, Lisímaco e Ptolemaios Andromachou
IrmánsPtolemeu Cerauno, Meleagro da Macedónia, Magas de Cirene, Antigona do Épiro, Lisandra, Texena, Arsínoe II, Ptolemaida, Philotera e Irene
editar datos en Wikidata ]

Despois de asumir o trono do seu pai no Exipto e ter casado coa súa irmá Arsínoe II, Tolomeo participou activamente en moitas guerras, intentando ampliar o seu dominio na Anatolia, Siria, Cirenaica e Grecia: loitou na primeira guerra siria (274-271 a.C.), na guerra cremonidiana (268-261 a.C.) e na segunda guerra siria (260-253 a.C.), e tamén noutros pequenos conflitos, conseguindo conquistar territorios na Anatolia e obter diversas alianzas coa cidade-estado e as ligas gregas, opóndose ao imperio Seléucida e ao reino de Macedonia. Nos últimos anos procurou facer as paces co seu medio-irmán Magas, rei de Cirene, e reavivar a economía e movementación cultural do seu reino, tras longos períodos de guerra.

Durante o seu reinado, foran promovida varias reformas destinadas a mellorar a economía, intentando dar máis poder á autoridade estatal retirándoo dos centros relixiosos. Tamén baixo Tolomeo II Alexandría converteuse nun gran centro do período helenístico, grazas á institución dos xogos tolemaicos e ao forte impulso cultural proporcionado pola Biblioteca e polo Museo.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar