Cirenaica
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
A Cirenaica[1] (en grego antigo Κυρηναία, en latín Cyrenaica), foi unha provincia romana de África do Norte, situada entre as provincias de Exipto e de Numidia. Actualmente Cirenaica forma parte do moderno estado de Libia. O seu nome provén da antiga cidade de Cirene (latinizado Cyrene).

Historia breve Editar
Os gregos fundaron a colonia de Cirene no 630 a.C.. Logo da súa conquista por Alexandre o Grande no século IV a.C., foi territorio controlado polo Exipto helenístico. Tolomeo VIII legouna a título persoal a seu fillo Tolomeo Apión, quen, sen herdeiros e ás portas da morte, a legou á súa vez á República Romana no 96 a.C.. Roma converteuna nunha provincia xunto coa illa de Creta, inicialmente.
Cando os árabes se apoderaron do territorio no século VII d.C., o desecamento climático e a escaseza das reservas de auga despoboaran xa o país, cuxa prosperidade non era máis que un distante recordo. O país foi nomeado en árabe Barqah (برقه), adaptación do nome da cidade de Berenice. Os rumis, os romano-bizantinos, foron expulsados para Sicilia ou para Creta, ficando o territorio case ermo durante varios séculos. No século XIV, unha mellora nas condicións climáticas permitiu a recolonización humana; pasou a formar parte de Exipto, antes de tornarse nunha provincia do Imperio Otomán, que acabou por unila á Tripolitania.
Época contemporánea Editar
En 1911, Italia apoderouse da Tripolitania e, en consecuencia, da Cirenaica, logo da Guerra italo-turca, englobándoa na súa colonia de Libia, na que se inclúe desde a independencia deste país.
En 1959 descubriuse petróleo no seu territorio, o que constitúe a base económica actual dos seus habitantes.
Véxase tamén Editar
Outros artigos Editar
- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524.