Licofrón de Calcis
Licofrón ou Licofronte de Calcis foi un poeta grego do século -III, nacido en Calcis, na illa de Eubea.
Licofrón de Calcis | |
---|---|
Nacemento | 320 a. C. e c. 270 a. C. |
Lugar de nacemento | Cálcis |
Falecemento | 280 a. C. |
Ocupación | escritor de traxedia e escritor |
Pai | Lycus of Rhegium |
Coñecido por | Alexandra |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Viviu en Exipto, na corte de Ptolomeo Filadelfo e foi bibliotecario da Biblioteca de Alexandría. Escribiu un gran número de traxedias, que se perderon, e poesías. Tamén elaborou un catálogo de escritores cómicos e un tratado Sobre a comedia. Formou parte da Pléiade poética e da Pléiade tráxica.
Del non se conserva máis que un poema titulado Alexandra (outro nome de Casandra, filla de Príamo) composto por 1474 versos iámbicos. Trátase dunha longa premonición das desgrazas reservadas a Troia que termina con referencias a Alexandre Magno, escrito nun estilo enigmático e pouco intelixíbel por mor das abundantes perífrases, as escuras alusións eruditas, o vocabulario rebuscado, a abundante intertextualidade, a sintaxe tortuosa e a presenza de artificios manieristas como enigmas, anagramas e palíndromos. Este poema foi moi comentado desde época bizantina polos eruditos Isaac e Xoán Tzetzes, cuxos escolios se conservaron, e xa un romano como o gran poeta Estacio, a fins do século I, queixábase "dos subterfuxios do escuro Licofrón" (Silvae V, 2, 157).
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Licofrón / Trifiodoro / Coluto. Alejandra / La toma de Ilión / El rapto de Helena. Intr., trad. y notas de M. y E. Fernández-Galiano. Rev.: L. A. de Cuenca. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-1231-4.
- Lycofrón. Casandra. Traducción, notas y comentario de Pascale Hummel. Chambéry: Ediciones Comp’Act.
Ligazóns externasEditar
- Ficha de Licofrón no sitio Theoi (búsquese en "3RD CENTURY B.C. - 6"); en inglés.
- Licofrón: Alexandra.
- Texto inglés en Theoi: edición de 1921 de A. W. Mair.
- Texto francés no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011); ed. de 1853 de Félix Désiré Dehèque.
- Texto bilingüe grego - francés en Google Books; ed. de 1853 de Félix Désiré Dehèque.
- Texto grego no Proxecto Perseus; ed. de 1921 de A. W. Mair.
- Texto bilingüe grego - francés en Google Books; ed. de 1853 de Félix Désiré Dehèque.