Alceo de Mitilene
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Alceo (en grego antigo Ἀλκαῖος), nado cara ao 620 a.C. e finado no século VI a. C., foi un poeta lírico grego, contemporáneo, rival e talvez amante de Safo.
Nome orixinal | (grc) Ἀλκαῖος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 630 a. C. ↔ 620 a. C. Mitilene, Grecia (pt) |
Morte | 560 a. C. Lesbos, Grecia |
Actividade | |
Lugar de traballo | Lesbos |
Ocupación | poeta, político, escritor |
Período de actividade | século VII a. C. - século VI a. C. |
Xénero artístico | Greek lyric (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parella | Safo |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Traxectoria
editarAlceo pertencía á clase aristocrática de Mitilene e a súa familia opúñase aos tiranos da cidade (Melancro, Mirsilo, Pítaco) que se apoiaban nas clases populares. Os seus irmáns máis vellos combateran a Melancro e o mesmo Alceo participou nun complot contra Mirsilo, polo que se tivo que se exiliar a Pirra, ao sur da illa. Volveu á morte deste grazas á moderación de Pítaco, aínda que tivo que exilarse outra vez, máis tempo, a Exipto. Volveu no 580 a. C. cando Pítaco declarou a amnistía. Alceu participou na guerra de Lesbos polo control de Sixeo contra Atenas.
Alceo escribiu no dialecto eólico. Consérvanse uns 200 fragmentos das súas poesías, himnos, odas para banquetes e epigramas, chegados a nós a través dos gramáticos antigos e en citas de Píndaro, mais uns achados en papiros exipcios. Inventou unha rima, chamado verso alcaico, que máis tarde empregou Horacio.
Alceo cantou á guerra, a acción militar e contra a tiranía. Reflexiona sobre a sorte da súa cidade, tinxíndoa de dor e nostalxia pola derrota e o exilio. Ademais deste compromiso civil, no que deixa traslucir o odio, presenta cantos de amor e de gozo da alegría inscritos nunha recreación da paisaxe e da violencia das estacións. O estilo é áspero e sobrio.