Pisístrato
Pisístrato (en grego: Πεισίστρατος), c. -607 - -527, foi un tirano grego do século -VI, que gobernou Atenas no -561, -559 - -556 e do -546 a -527.
Pisístrato | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | século V a. C.xuliano e c. 600 a. C. |
Lugar de nacemento | Atenas |
Falecemento | 527 a. C. e 528 a. C. |
Lugar de falecemento | Atenas |
Nacionalidade | Antiga Atenas |
Ocupación | político |
Pai | Hippocrates |
Cónxuxe | Coesyra e Hippias' and Hipparchus' mother |
Fillos | Hipias de Atenas, Hiparco de Atenas e Hegesistratus of Sigeum |
Premios | vencedor na carreira de cuádrigas das Olímpiadas clásicas |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Carreira militar e inicios políticosEditar
Fillo de Hipócrates, un filósofo e profesor pertencente a unha familia aristocrática ateniense próxima a Solón, o lexislador, Pisístrato distinguiuse na guerra contra Megara (c. -570 - -565), dirixindo o exército ateniense como polemarco. Logrou recuperar Salamina e conquistar a cidade de Nisea, o porto de Megara. As súas accións e a súa amizade con Solón valéronlle un lugar salientado na política ateniense, que axiña sabería explotar.
Cando Solón abandonou Atenas, a sociedade quedou dividida en dous grupos políticos: o partido da chaira ou pediakoi, e o partido da costa ou paralioi. Os primeiros, liderados por Licurgo, eran grandes propietarios que desexaban un goberno oligárquico. Os outros, pequenos propietarios e comerciantes, querían manter as reformas de Solón contaban con Megacles como dirixente. Mais, Pisístrato aproveitou a súa fama e popularidade para formar un terceiro grupo, o dos diakrioi ou hyperakrioi, formado principalmente por xente humilde (pequenos labregos que foran vítimas da escravitude por débedas e artesáns), que aspiraban a reformas radicais aos seus problemas.[1]
Primeiros gobernos (561 a. C. e 559 - 556 a. C.)Editar
No -561 presentouse perante os atenienses reunidos no ágora, anunciando que fora vítima dun ataque propiciado polos seus inimigos políticos, salvándose por . Un dos seus partidarios propuxo que se lle concedese unha garda persoal para a súa protección, e a asemblea popular entregoulle cincuenta homes armados con garrotes, aínda que aumentaron posteriormente, que empregou para tomar a Acrópole e dar un golpe de Estado, converténdose en tirano.[2] Porén este primeiro goberno sería efémero, pois a alianza dos pediakoi e os paralioi forzouno a abandonar o poder ao ano de adquirilo.
Regresou o ano -559 coa axuda de Megacles, agora incomodado con Licurgo, coa condición de que Pisístrato casase coa filla deste. Fíxose de novo co poder e gobernou durante cinco anos (-559 - -556). A súa negativa a ter fillos coa filla de Megacles, para non prexudicar os seus fillos maiores, Hipias e Hiparco, conduciu a que os seus dous inimigos se volvesen aliar e o expulsasen e confiscasen todos os seus bens.
TiraníaEditar
Permaneceu exiliado dez anos, durante os cales se enriqueceu coas minas de ouro de Macedonia e Tracia, formando un novo exército e derrotando de forma definitiva os seus inimigos en Palene, no -549, co apoio de Tebas, Argos e Ligdamis, tirano de Naxos.
Para evitar novas rebelións contra o seu poder, tomou medidas máis firmes para conservalo, pero coa mesma moderación con que se distinguira anteriormente. Afectivamente Pisístrato gobernou con moderación e benevolencia, o que lle atraeu as simpatías do pobo. Aristóteles denominouno como demotikótatos (o máis achegado ao pobo) e louvou o xeito de exercer o poder. Semella que malia a súa imposición pola forza respectou as institucións preexistentes.
Atribúeselle a construción do primeiro grande templo a Atenea na acrópole e iniciou as obras do de Zeus. Tamén se erixiu un altar aos 12 deuses olímpicos na ágora. Outras obras públicas relevantes foron a construción de camiños, o Liceo, un circuíto defensivo, un acueduto e novos mercados. Tamén se lle adxudican o primeiro teatro de Atenas (onde se achaba o altar a Bromio, na ladeira sur da Acrópole), polo que o consideran tamén un impulsor da traxedia grega.
Foi activo tamén a nivel relixioso, o que se manifestou nas súas construcións, pero tamén como un elemento de propaganda política. Deste xeito, fomentou o culto a Apolo coa edificación do templo de Apolo Patroos na ágora e na purificación de Delos. Estes feitos atestemuñan a vontade de Atenas de reivindicarse coma a orixe dos xonios. Buscou a cohesión entre os grupos que poboaban a Ática mediante o culto a Eleusis (en cuxo santuario fixo unha sala cuadrangular chamada telesterion) e Dioniso. Valoraba así os lugares de culto periféricos da Ática e os vencellaba a Atenas fomentando a fidelidade deses territorios cara a capital. Tamén organizou grandes festivais como as Dionisias e as Panateneas, que incluían competicións deportivas e recitais homéricos (segundo a tradición, Pisístrato foi o primeiro en mandar escribir A Ilíada e a Odisea).
Pisístrato impulsou o poder militar de Atenas, acentuando a súa forza naval, e fixo campañas no Quersoneso de Tracia, na Tróade (Asia Menor) e nas Cícladas. Mais, a súa política exterior foi predominantemente pacífica cultivando boas relacións coas principais cidades gregas e con países estranxeiros como Lidia e o imperio persa.
Financiou as súas políticas mediante unha tributación moderada sobre a agricultura e grazas aos recursos mineiros das minas do Panxeo (Tracia) e de Laurión (Ática). Grazas á prata destes xacementos mandou cuñar novas moedas (tetradracmas) que portaron a curuxa, símbolo da deusa Atenea, en substitución dos motivos heráldicos da vella aristocracia.
Faleceu no ano -527, deixando o poder aos seus dous fillos, Hipias e Hiparco, os cales aplicaron unha política máis severa que o pai.
NotasEditar
- ↑ Orrieux, Claude; Schmitt-Pantel, Pauline (2013). Histoire grecque. Presses Universitaires de France. ISBN 9782130625698.
- ↑ Grimberg, Carl; Svanström, Ragnar (1980). Historia Universal. Ediciones Daimon. p. 106. ISBN 84-231-05-82-2.
FontesEditar
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Fernández Uriel, P. (2011). Historia Antigua Universal II. El mundo griego. Universidad Nacional de Educación a Distancia, Madrid.
- Gómez Espelosín, J. (2001). Historia de Grecia Antigua. Akal Textos. Madrid.
- Cohen, Robert; Glotz, Gustave (1986). "Chapitre XI. Athènes et les conquêtes démocratiques (de Solon à Clisthènes)". Histoire grecque. Tome 1. Presses Universitaires de France. Páxinas 443-462