A ekklesía ou ecclesía (do grego antigo «ἐκκλησία» ekklēsía) era a principal asemblea da democracia ateniense na Grecia clásica. Foi instaurada por Solón no 594 a.C. e tiña un carácter popular, aberta a todos os cidadáns varóns con 2 anos de servizo militar, mesmo aos tetes.

Ilustración de 1898, obra de Louis Loeb (1866 – 1909): Demóstenes ante a ekklesía no ano -346.

A ekklesía era utilizada para designar maxistrados, de maneira que estes eran elixidos mediante sorteo, participando todos os atenienses que formasen parte da asemblea. Desta forma, tamén elixían de forma indirecta aos compoñentes do Areópago, quen eran elixidos polos maxistrados electos pola ekklesia.

Entre outras cousas, a asemblea tiña a última palabra no referente á lexislación ateniense, as declaracións de guerra, a firma da paz, a estratexia militar, a elección do strategos e outros oficiais e posuía a facultade de chamar aos maxistrados a render contas ante ela ao final do ano do seu mandato.

No século -V os seus membros ascendían a 43.000 persoas, con todo, só aqueles con riqueza suficiente como para poder pasar moito tempo lonxe de casa podían participar de forma habitual, ata que as reformas de Pericles nos anos -451 e -452, que supuñan un pago por desempeñar tarefas públicas, permitiron o acceso de todo cidadán, independentemente do seu nivel económico.

Ao principio reuníanse unha vez ao mes, pero máis tarde chegaron a reunirse tres ou catro veces mensuais. A axenda para a ekklesía establecíaa a Bulé, o consello dos cincocentos, non confundir nunca a Bulé coa asemblea popular. As votacións facíanse a man alzada.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar