Hiparco de Atenas
Hiparco (gr.: Ἱππάρχος), nado en Atenas e finado na mesma cidade en -514, foi un dos Pisistrátidas e tirano de Atenas.
Nome orixinal | (grc) Ἵππαρχος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século VI a. C. Atenas, Grecia |
Morte | 514 a. C. Atenas, Grecia |
Causa da morte | homicidio |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Pais | Pisístrato e Hippias' and Hipparchus' mother |
Irmáns | Hipias de Atenas Hegesistratus of Sigeum |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) |
Traxectoria
editarFillo máis novo de Pisístrato, Hiparco subiu ao poder xunto co seu irmán Hipias tras o falecemento do pai. Pouco se sabe da vida de Hiparco, pero segundo Tucídides, non era máis que un "fantoche" e o verdadeiro poder sustentábao o seu irmán Hipias. Mecenas dos artistas, Hiparco protexeu aos poetas Simónides de Ceos, Laso de Hermíone e Anacreonte, fixo construír unha importante biblioteca, apoiou os cultos mistéricos de Eleusis, e mandou recompilar os poemas de Homero[1].
En -514, foi asasinado polos tiranicidas Harmodio e Aristoxitón. Segundo Heródoto e Tucidides, Harmodio rexeitaría as propostas amorosas de Hiparco. Outras fontes sinalan que Hiparco impediu que a irmá de Harmodio participase na procesión das canéforas nas Panateneas, insinuando que non era virxe. Furioso, Harmodio, planeou a conxura contra Hiparco e Hipias, conxura que acabaría coa vida de Hiparco que foi apuñalado durante as Panateneas.
Ligazóns externas
editar- Hiparco (Ἱππάρχος), diálogo ficticio tradicionalmente atribuído a Platón e contado entre os seus diálogos platónicos.
- Texto francés, con introdución e anotacións neste idioma, no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011): trad. de Victor Cousin; ed. en París. Os números en azul entre corchetes son rótulos activos que serven para cambiar ao grego.
- Texto grego no mesmo sitio. Os números en azul entre corchetes son rótulos activos que serven para cambiar á tradución francesa de Cousin.
- Texto francés, con introdución e anotacións neste idioma, no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011): trad. de Victor Cousin; ed. en París. Os números en azul entre corchetes son rótulos activos que serven para cambiar ao grego.
Notas
editar- ↑ Aristotle, The Athenian Constitution, Part 18