Abrir o menú principal

Licurgo (en grego antigo Λυκοῦργος, Lukoúrgos) nado en Atenas en -396 e finado en -323, foi un orador ático que foi fillo de Licofrón, quen pertenceu á aristocrática familia sacerdotal dos Eteobutadas. Non debe confundirse co lexislador espartano, do mesmo nome.

Licurgo
Nacemento390 a. C.
 Atenas
Falecemento324 a. C.
 Antiga Atenas
SoterradoKerameikos
NacionalidadeAntiga Atenas
Ocupaciónpolítico e orador
FillosHabron
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Na escena política, xogou un papel trala derrota ateniense na Batalla de Queronea (-338) fronte ao exército do rei macedonio Filipo II. Tiña daquela 52 anos, e ignórase o que fixo antes desta data, na que se lle concedeu unha maxistratura durante un período de catro anos. Foi reelixido dúas veces: estivo en total 12 anos dirixindo as finanzas públicas. Ocupouse cun rigor absoluto destas, do exército, e da construción de edificios públicos. Atenas débelle, entre outras cousas, o acondicionamento do ximnasio do Liceo e do Teatro de Dioniso. Intentou exaltar o patriotismo do corpo cívico contra Macedonia.

ObrasEditar

Conserváronse varias obras retóricas. Son as alegacións das defensas pronunciadas nos procesos políticos (γραϕαί). Unha gran parte son eisanguelías (εἰσαγγελία), procedementos excepcionais por alta traizón.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

  • J.F. Dobson: Os oradores gregos (The Greek Orators, 1919).
  • Licurgo: Contra Leócrates.
    • Texto inglés, con índice electrónico, no Proxecto Perseus. Na parte superior dereita atópanse os rótulos activos "focus" (para cambiar ao texto grego) e "load" (para o texto bilingüe).
    • Texto francés no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011). Ed. de Garnier,[1] París, 1842. Os números en azul entre corchetes son rótulos activos que serven para cambiar ao grego.
      • Texto grego no mesmo sitio. Os números en azul entre corchetes son rótulos activos que serven para cambiar ao francés.