Escola dos Annales

A Wikipedia ten o portal:

A chamada escola dos Annales é un movemento historiográfico do século XX que se constitúe en torno ao periódico académico francés Annales d'histoire économique et sociale, tendo se destacado por incorporar métodos das Ciencias Sociais á Historia. Fundada por Lucien Febvre e Marc Bloch en 1929, propúñase a ir alén da visión positivista da historia como crónica de acontecementos (histoire événementielle), substituíndo o tempo breve da historia dos acontecementos polos procesos de longa duración, co obxectivo de tornar intelixíbeis a civilización e as mentalidades. Bloch foi asasinado pola Gestapo durante a ocupación alemá da Francia, na Segunda guerra mundial, e Febvre seguiu coa abordaxe dos Annales nas décadas de 1940 e 1950. Nese período, orientou Fernand Braudel, que se tornou nun dos expoñentes máis coñecidos desa escola. A obra de Braudel definiu unha segunda xeración na historiografía dos Annales e foi moi influente os anos 1960 e 1970, especialmente pola súa obra de 1949, La Méditerranée et le monde méditerranéen à l'époque de Philippe II.[1][2][3] A terceira xeración dos Annales é conducida por Jacques Le Goff e é máis coñecida como a Nova historia, segundo a cal, toda actividade humana é considerada historia. Alén de Le Goff, nese período destácase Pierre Nora.

A escola dos Annales renovou e ampliou o cadro das pescudas históricas ao abrir o campo da Historia para o estudo de actividades humanas até entón pouco investigadas, rompendo coa compartimentación das Ciencias Sociais (Historia, Socioloxía, Psicoloxía, Economía, Xeografía Humana etc.) e privilexiando os métodos pluridisciplinares.[4]

Historia e características editar

Os fundadores do periódico (1929) e do movemento foron os historiadores Marc Bloch e Lucien Febvre, entón docentes na Universidade de Estrasburgo. Rapidamente foron asociados á abordaxe innovadora dos Annales, que combinaba a Xeografía, a Historia e as abordaxes sociolóxicas da Année Sociologique. Moitos dos seus colaboradores[5] eran coñecidos en Estrasburgo e reuníanse para producir unha análise que rexeitaba a énfase predominante en política, diplomacia e guerras, característica de moitos historiadores dos séculos XIX e XX, liderados polos sorbonnistas - designación dada por Febvre.

Notabelmente, os Annales trouxeron innovacións ao campo historiográfico en varios aspectos, como no concepto de historia-problema e na ampliación das fontes. As xeracións dos Annales viñeron a reflexionar sobre cuestións relevantes para o avance historiográfico e ampliando as posibilidades de análise histórica pensando unha historia total ou global.[6][7] A Escola dos Annales elaboran unha nova forma de pensar a construción histórica a partir dunha problemática. Inauguran a chamada historia-problema. A pesar de ser divulgado amplamente como unha innovación, o concepto de historia-problema, Jacques Revel afirma que os Annales viñeron a retomar ideas xa existente na obra de Simiand. Así como con respecto á converxencia das ciencias humanas, mais con sentido e implicacións distintas.[8] Unha aproximación entre as ciencias humanas, acabando co illamento en que a historia se mantiña, veu a ser importante para a abertura de novas interrogacións e a utilización doutros métodos de análise.[9] A cuestión da interdisciplinariedade presente na Escola dos Annales é apuntada por historiadores como Peter Burke como unha grande innovación da Escola dos Annales.[10] A pesar de ser unha innovación dos Annales, Jacques Revel afirma que os metódicos xa viñan buscando aproximación da historia con outras ciencias sociais.[11] Algo que xa era feito por Henri Berr.[12] Braudel foi notorio na cuestión da interdisciplinaridade, produciu publicacións que uniron nas súas análises diversas ciencias sociais. Especialmente, con relación á historia e a xeografía. Destacándose o 'Méditerranée e o artigo la longue durée.[13] Os Annales conseguiron efectivar a idea de interdisciplinaridade que xa estaba presente en Simiand.[14] Mais sen ser unha normativa metodolóxica, un aliñamento científico, a interdisciplinaridade é utilizada para a obtención dun coñecemento máis amplo.[15]

Os historiadores dos "Annales" foron os pioneiros na abordaxe do estudo de estruturas históricas de longa duración (la longue durée) para explicar eventos e transformacións políticas. Xeografía, cultura material e o que posteriormente os annalistas chamaron mentalidades (ou a psicoloxía da época) tamén eran áreas características de estudo.[16]

Un eminente membro desta escola, Georges Duby, no prefacio de seu libro Le dimanche de Bouvines, escribiu que a Historia que el ensina, "rexeitada na fronteira do sensacionalismo, era relutante á simple enumeración dos eventos, esforzándose, pola contra, por expor e resolver problemas e, neglixenciando as trepidacións da superficie, procuraba situar no longo e medio prazos a evolución da economía, da sociedade e da civilización."

Mentres autores como Emmanuel Le Roy Ladurie e Jacques Le Goff continúan a cargar a bandeira dos Annales, hoxe en día a súa abordaxe tornouse menos distintiva mentres máis e máis historiadores traballan a historia cultural e a historia económica.

Vale lembrar que, mentres algúns autores, como Peter Burke, consideran a xeración de historiadores franceses da xeración de Jacques Le Goff nunha perspectiva de continuidade en relación co movemento dos Annales (e os propios historiadores deste grupo tamén se ven desta maneira), xa outros autores - como François Dosse da L’'Histoire en miettes (a Historia en migallas) - procuran salientar a ruptura entre a Nova Historia e o movemento dos Annales de Bloch a Braudel.[17] Para Dosse, por exemplo, o principio de Historia Total - tan celosamente cultivado por Bloch, Febvre e Braudel - sería traizoado por unha perspectiva historiográfica fragmentada, que xa sería típica dos historiadores ligados á Nova Historia.

Primeira xeración (1929-1949) editar

A primeira xeración dos Annales está composta polos seus fundadores, Marc Bloch e Lucien Febvre que van inaugurar no campo historiográfico o concepto de historia-problema. Contestaban a chamada historia política, narrativa e dos acontecementos. A partir de múltiples abordaxes no campo social, os Annales van estabelecer unha renovación historiográfica.[18] Bloch pasou a relativizar o aprecio aos documentos e fontes e a valorizar a problemática, as interrogación feitas á fonte, de modo moito máis a comprender o presente do que só organizar e sistematizar cronoloxicamente o pasado.[19]

Segunda xeración (1946-1968) editar

Na segunda xeración dos Annales, é Braudel o que dá seguimento na dirección da revista Annales d’historie économique et sociale. Braudel tivo grande importancia para a innovación no concepto de tempo e da xeohistoria. Como afirma Braudel, a historia é filla do seu tempo.[20] E por esa razón, súas ideas relaciónanse con pescudas que ocorreron e viñan ocorrendo no seu tempo. A influencia de Ranke na disciplina é entendida de forma negativa, a historia producida so a súa percepción é vista por Braudel como unha historia sen contexto, vinculada á filosofía da historia e a idea de eterno retorno.[21]

Terceira xeración (1968-1989) editar

A terceira xeración dos Annales está composta por diversos historiadores, entre eles, Jacques Le Goff e Pierre Nora. Le Goff foi alumno de Febvre, Bloch e Braudel e afirma que os intereses de Bloch e Febvre coa revista Annales d’historie économique et sociale era construír unha nova historia de esfera internacional.[22] Mesmo recoñecendo que os Annales tiveron inspiración en diversas revistas como Revue Historique, a Revue de Synthèse, e a Vierteljahrschrift fur Sozial-und Wirtschaftsgeschichte, Le Goff afirma que o traballo de Bloch e Febvre na construción dos Annales é de grande orixinalidade e produciu unha ruptura historiográfica.[23] Eles estabelecerían un novo paradigma historiográfico.[24] Diverxindo en partes con Le Goff, Peter Burke afirma que este novo facer historiográfico xa viña sendo pensado e producido en traballos en Alemaña con Gustav Schmoller e Karl Lamprecht, e en Francia con Henri Sée, Henri Hauser e Paul Mantoux.[10] Segundo Peter Burke, revista dos Annales foi pensada coa intención de exercer liderado intelectual no campo da historia e a súa principal innovación está na abordaxe interdisciplinar.[10] Le Goff e Pierre Chaunu afirman que a historia en canto ciencia é froito do traballo dos Annales e que se inicia en 1929.[25]

Cuarta xeración editar

A partir de 1989 iníciase a cuarta xeración da escola dos Annales, destacándose entre seus membros Bernard Lepetit.

Principais nomes editar

Véxase tamén editar

Notas editar

  1. "La Méditerranée et le monde méditerranéen à l'époque de Philippe II" (PDF). data.bnf.fr (en francés). Consultado o 11 de decembro de 2018. 
  2. BRAUDEL, Fernand. O Mediterrâneo e o Mundo Mediterrânico na época de Felipe II. São Paulo: Martins Fontes, 1983.
  3. RIBEIRO, Guilherme (2010-06-25). "A originalidade historiográfica de La Méditerranée et Le monde méditerranéen à l’épo que de Philippe II e a concepção braudeliana de história". História da Historiografia: International Journal of Theory and History of Historiography (en portugués) 3 (4): 125–144. doi:10.15848/hh.v0i4.64. 
  4. JAPIASSU, Hilton; MARCONDES, Danilo (2001). Dicionário Básico de Filosofia (en portugués) (3º ed.). Jorge Zahar Editor. 
  5. Este artigo é unha tradución. Dado o uso frecuente do masculino como xenérico en moitas linguas e ao saber que a Historia era unha actividade desempeñada maioritariamente por homes nese tempo, no proceso de tradución non puidemos discriminar cando o masculino era utilizado como xenérico no artigo orixinal ou cando estaba utilizado na acepción de varóns.
  6. BRAUDEL 2009, p. 33-5.
  7. REVEL 1989, p. 37-9.
  8. REVEL 1989, p. 21-3.
  9. REVEL 1989, p. 17-8.
  10. 10,0 10,1 10,2 ROCHA 2010, p. 29.
  11. REVEL 1989, p. 18.
  12. CARBONELL 1992, p. 137.
  13. REVEL 1989, p. 28-33.
  14. REVEL 1989, p. 36.
  15. REVEL 1989, p. 37.
  16. Colin Jones, "Olwen Hufton's 'Poor', Richard Cobb's 'People', and the Notions of the longue durée in French Revolutionary Historiography," Past & Present, 2006 Supplement (Volume 1), pp. 178–203 Project Muse
  17. BARROS et al. 2010, p. 77.
  18. REVEL 1989, p. 23.
  19. BOSI 2005, p. 16.
  20. BRAUDEL 2009, p. 17.
  21. BRAUDEL 2009, p. 24.
  22. ROCHA 2010, p. 28.
  23. ROCHA 2010, p. 28-30.
  24. ROCHA 2010, p. 39.
  25. CARBONELL 1992, p. 135-6.

Bibliografía editar

  • BRAUDEL, Fernand (2009). Perspectiva, ed. Escritos sobre a história. São Pulo. ISBN 9788527303347. 
  • CARBONELL, Charles-Olivier (1992). Teorema, ed. Historiografia. ISBN 9789726951728. 
  • REVEL, Jacques (1989). Difel, ed. A Invenção da Sociedade. Lisboa. ISBN 9722902067. 
  • BOSI, Antônio de Pádua (2005). "A Escola Metódica revisitada". Espaço Plural VI (12). Consultado o 14/08/2018. {
  • ROCHA, Sabrina Magalhães (2010). Lucien Febvre, Marc Bloch e as ciências históricas Alemães (1928-1944) (Dissertação de Mestrado). Ouro Preto: UFOP. .
  • François Dosse. The New History in France: The Triumph of the Annales. University of Illinois Press, 1994.
  • Lynn Hunt e Jacques Revel (eds). Histories: French Constructions of the Past. The New Press, 1994. (Unha colección de ensaios con moitos excertos dos "Annales": a extensa Introdución é recomendada e contén referencias moi boas).
  • Philippe Poirrier. Aborder l'histoire, París: Seuil, 2000.
  • BARROS, José D'Assunção A Escola dos Annales e a crítica ao Historicismo e ao Positivismo Arquivado 27 de decembro de 2017 en Wayback Machine.. Revista Territórios & Fronteiras, vol.3, xan/xuño 2010 Cuiabá: UFMT, 2010.
  • BARROS, José D'Assunção. Teoria da História, volume V - A Escola dos Annales e a Nova História. Petrópolis: Editora Vozes, 2012.
  • BLOCH, Marc. Apologie pour l’histoire ou le Métier d’historien. París: A. Colin, 1941.
  • BOURDÉ, Guy et MARTIN, Hervé. Les écoles historiques. París: Éditions du Seuil, 1983, pp. 215–243.
  • BRAUDEL, Fernand. Écrits sur l’histoire. París: Flammarion, 1969.
  • BURGUIÈRE, A. Dictionnaire des sciences historiques. París: PUF, 1986.
  • BURKE, Peter. A Escola dos Annales: 1929-1989. São Paulo: Edit. Univ. Estadual Paulista, 1991.
  • FEBVRE, Lucien. Combats pour l’histoire. París: A. Colin, 1953.
  • LE GOFF, Jacques et alii. La Nouvelle Histoire. París: CEPL, Retz, 1978.
  • LE GOFF, Jacques et NORA, Pierre (dir.). Faire de l’histoire. Tomo I, Nouveaux Problèmes ; Tomo II, Nouvelles Approches; Tomo III, Nouveaux Objets. París: Gallimard, 1974.

Ligazóns externas editar