Xenófanes de Cólofon
Xenófanes de Cólofon, nado en Colofón, na Xonia, contra o 570 a.C. e finado contra o 460 a.C., foi un filósofo grego.
Nome orixinal | (grc) Ξενοφάνης ὁ Κολοφώνιος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 560 a. C. Cólofon, Turquía (pt) |
Morte | 478 a. C. (81/82 anos) Siracusa, Italia |
Relixión | Deísmo |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Ocupación | filósofo, poeta elexíaco, escritor, epigramatista, poeta, teólogo |
Período de tempo | Presocráticos |
Movemento | Presocráticos e filosofía antiga |
Alumnos | Parménides de Elea |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) Library of the World's Best Literature (en) |
Traxectoria
editarDeixou cedo a súa cidade para levar unha vida errante en calidade de rapsodo. Crese que pasou algún tempo en Sicilia e tamén en Elea. Segundo a tradición, Xenófanes tería sido mestre de Parménides de Elea. Escribiu unicamente en versos, en oposición aos filósofos xonios como Tales de Mileto, Anaximandro de Mileto e Anaxímenes de Mileto.
Da súa obra restaron un centena de versos. A súa concepción filosófica destácase polo combate do antropomorfismo, afirmando que se os animais tivesen o don da pintura, representarían os seus deuses en forma de animais, ou sexa, á súa propia imaxe.
As súas críticas á relixión non tiñan como obxectivo un ataque pleno a ela, senón "dar ao divino unha pura e elevada idea: o verdadeiro deus é único, con poder absoluto, clarividencia perfecta, xustiza infalible, maxestade inmóbel; que en pouco se asemella aos deuses homéricos sempre a deambular polo mundo baixo o imperio das paixóns", ou sexa: só existe un deus único, en nada semellante aos homes, que é eterno, non-xerado, inmóbel e puro.
Datos biográficos
editarFilósofo, poeta, sabio e pensador relixioso. Fundador da escola de Elea. Adversario do antropomorfismo dos poetas, dedicouse a demostrar a unidade e a perfección de Deus. A súa doutrina é un panteísmo idealista que ve unha unidade en toda a materia. É probable que Xenófanes se exiliase de Grecia polos persas que conquistaron Colofón no 546 aC. Despois de vivir algún tempo en Sicilia e de levar unha vida errante a través do Mediterráneo, estableceuse en Elea, no sur da Italia.
De aceptar a veracidade dos seus versos, Xenófanes viviu noventa e dous anos, como el mesmo transcribe nese treito:
Xa sesenta e sete anos pasaron
Facendo vagar o meu pensamento pola terra da Hélade;
Se é que eu sei falar con verdade sobre iso.
Do meu nacemento ata entón vinte e cinco hai máis,
Xenófanes e a mitoloxía grega
editarExpresándose case sempre a través de poemas, os cales recitaba ao longo das súas andanzas, Xenófanes mostraba seu desprezo polos deuses-antropomorfos que eran adorados na súa época e pola aceptación popular da mitoloxía de Homero e de Hesíodo.
- “Todo aos deuses atribuíron Homero e Hesíodo,
- Todo canto entre os homes merece repulsa e censura,
- Roubo, adulterio e fraude mutua.”
Xenófanes atacaba a inmoralidade dos deuses e das eusas da mitoloxía grega, ridiculizaba a crenza na transmigración da alma e condenaba a luxuria. Defendía a sabedoría e os praceres sociais sen exceso.
- “É de louvarse o home que, bebendo, revela actos nobres
- Como a memoria que ten e o desexo de virtude.
- Sen nada falar de Titáns, nin de Xigantes,
- Nin de Centauros, ficcións criadas polos antigos.
- Ou de loitas civís violentas, nas cales nada hai de útil.
- Ter sempre veneración polos deuses, isto é bo.”
A Teoloxía de Xenófanes
editarXenófanes é considerado pola maioría máis como un reformador relixioso que como un filósofo. Diferentemente de Anaximandro, que creou o concepto do a-peiron (ilimitado, indefinido), que buscaba na natureza intrínseca da materia a causa para todas as transformacións, Xenófanes dicía que o ser absoluto, esencia de todas as cousas, era o Un. E de acordo con Teofrasto, unha das fórmulas contidas nas ensinanzas de Xenófanes era: “Todo é o Un e o Un é Deus”.
Aristóteles no seu libro Metafísica relata:
Pois Parménides parece referirse ao Un segundo o concepto, e Meliso ao Un segundo a materia. Por iso aquel di que o Un é limitado, e este, que é ilimitado. Xenófanes, o primeiro a postular a unidade, nada esclareceu, nin parece que albiscase ningunha desas dúas naturezas, mais, dirixindo o ollar a todo o ceo, di que o Un é o Deus.
Consecuentemente, o concepto Deus é entón creado por Xenófanes como un ser máis alto, cunha identidade abstracta, e non posúe ningún atributo coñecido polos homes, e tampouco é semellante a estes - nin canto á figura, nin canto ao espírito.
A respecto diso, Clemente de Alexandría na súa obra Tapezarias conta:
"Mais se mans tivesen os bois, os cabalos e os leóns
E poidesen coas mans deseñar e crear obras como os homes,
Os cabalos semellantes aos cabalos, os bois semellantes aos bois,
Deseñarían as formas dos deuses e os corpos farían
Tales cales eles propios teñen."