William-Adolphe Bouguereau
William-Adolphe Bouguereau, nado en La Rochelle o 30 de novembro de 1825, e finado ibídem o 19 de agosto de 1905, foi un pintor academicista francés.[1] Cun talento claro dende cativo, recibiu formación artística nunha das escolas de arte máis prestixiosas do seu tempo, a Escola de Belas Artes de París, da cal posteriormente se convertería en mestre. Tamén foi mestre da Académie Julian. A súa carreira floreceu na época de ouro do academicismo, do cal foi un fervente defensor, e un dos seus representantes máis senlleiros.
William-Adolphe Bouguereau | |
---|---|
![]() Retrato de Bouguerau. | |
Nome | William-Adolphe Bouguereau |
Nacemento | 30 de novembro de 1825 |
La Rochelle | |
Falecemento | 19 de agosto de 1905 |
La Rochelle | |
Nacionalidade | Reino de Francia, Segunda República Francesa, Segundo Imperio Francés e Terceira República Francesa |
Cónxuxe(s) | Marie-Nelly Monchablon e Elizabeth Jane Gardner Bouguereau |
Eido | Pintura |
Movemento | Academicismo |
Influenciado | Frédéric Chopin |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A súa pintura caracterízase polo completo dominio da forma e da técnica, cun acabado de alta calidade, que acadan grandes efectos de realismo. En termos de estilo, foi parte da corrente ecléctica que dominou a segunda merade do século XIX, mesturando elementos do neoclasicismo e do romanticismo nun enfoque naturalista cunha boa dose de idealismo. Deixou unha obra vasta, centrada en temas mitolóxicos, alegóricos, históricos e relixiosos, e retratos nus e de xoves campesiñas.
Notas Editar
- ↑ "Adolphe William Bouguereau". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: William-Adolphe Bouguereau |
Ligazóns externas Editar
- "William-Adolphe Bouguereau no Web Museum" (en inglés).
- "William-Adolphe Bouguereau a l'Art Renewal Center" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2017. Consultado o 16 de xullo de 2015.
- ibiblio.org (ed.). "William Adolphe Bouguereau" (en inglés).
- Museum Syndicate (ed.). "Galería de Bouguereau" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2019. Consultado o 16 de xullo de 2015.