Epítetos homéricos
Homero xuntaba adxectivos e substantivos para crear adexectivos compostos coñecidos como epitetos homéricos que aplicaba a nomes fixos. Tanto A Ilíada como A Odisea caracterízanse por contar con numerosos destes epítetos dobres, como Aquiles, o dos pés lixeiros ou a aurora de dedos rosados.
O nome máis o epíteto constitúen unha fórmula que se axusta á estrutura métrica do verso. O uso de fórmulas é característica da antiga poesía épica. Tiñan como funcións a axuda mnemónica para o recitado, servir de pausa no mesmo en canto o aedos prepara a continuación da narrativa e fornecer un verso feito con rima coñecida.
Os epitetos homéricos caracterizan a natureza dun personaxe e, ás veces, dun obxecto ou dun acontecemento.
Epítetos homéricos famosos
editar- Aquiles
- fillo de Peleo
- dos pés lixeiros (podas ôkus)
- divino (dios)
- Afrodita
- amante do riso (philommeidês)
- dourada (chrusê)
- Agamenón
- Aiax
- Apolo
- que fere desde lonxe (hekêbolos ou hekatêbolos)
- Ares
- matador de homes (androphonos)
- descarado (chalkeos)
- Atenea
- Eos (Aurora)
- de dedos rosados (rhododaktulos)
- a que se ergue cedo (êrigeneia)
- do trono dourado (chrusothronos)
- do formoso trono (euthronos)
- Héitor
- Hefesto
- dos dous fortes brazos (amphiguêeis)
- Helena
- Hera
- de ollos de vaca (boôpis)
- de níveos brazos (leukôlenê)
- Menelao
- fillo de Atreo
- de cabelos claros, loiro (xanthos)
- bo á chamada da guerra (boên agathos)
- Nausicaa
- de níveos brazos
- Paris (Alexandros)
- fillo de Príamo
- señor de Helena a dos cabelos claros (Helenês posis eukomoio)
- Patroclo
- fillo de Menoitios
- de grande corazón (megathumos)
- Poseidón
- que abana a terra (enosichtôn)
- Tetis
- de pés de prata (arguropeza)
- de adorábeis cabelos (eukomos)
- Ulises
- astuto (polumêtis)
- resistente (polutlas)
- saqueador de cidades (ptoliporthios)
- fecundo en ardides
- Zeus
- que xunta as nuves (nephelêgereta)
- o mar (pontos)
- da cor do viño (oinops)
Notas
editar- ↑ Intentando socavar una falsa creencia: la identidad del ave de Atenea. Lucía Rodríguez-Noriega Guillén. Universidad de Oviedo.