Semónides de Amorgos

Simónides - ou, máis correctamente, Semónides de Amorgos - (Σημωνίδης ο Αμοργίνος, Illa xonia de Samos, nado no século -VII e finado no século -VI, foi un poeta iámbico grego, considerado, xunto con Arquíloco, o creador da sátira grega, aínda que o obxecto dos seus ataques é máis xeral no caso do primeiro que neste.

Semónides de Amorgos
Pitagora da Reggio - Louvre - Statua di un suonatore di lira2.jpg
Nacementoséculo VI a. C.xuliano
Lugar de nacementoSamos
Falecementoséculo V a. C.xuliano
Ocupaciónpoeta e escritor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu na illa de Samos pero, marchou á veciña de Amorgos como dirixente dunha colonia, segundo a Suda.

Escribiu dous libros de iambos ou sátiras e algunhas elexías. Consérvanse deles 29 fragmentos, o máis extenso dos cales é unha sátira misóxina: «O home non pode coñecer bendición máis grande que unha boa esposa, nin peor maldición que unha mala». Afirma das malas mulleres que son sucias como porcos, astutas como raposos, mexericas como cans, tan apáticas como a terra, tan caprichosas como o mar, tan obstinadas como os asnos, tan incontinentes como as donicelas, tan orgullosas como as eguas de puro sangue ou máis feas que un mono; pola contra, as boas mulleres son tan hacendosas e melíferas como as abellas.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar