Sigma

letra do alfabeto grego

Nome da décimo oitava letra do alfabeto grego (σῖγμα); equivale ao /s/. Minúscula σ ou ϛ, maiúscula Σ. A primeira das formas minúsculas úsase en posición inicial ou en medio de palabra e a segunda en posición final. Adoita transcribirse como s. Provén da letra do alfabeto fenicio šīn, que representaba nesa lingua o son /ʃ/. Como signo numérico representaba o douscentos. En maiúscula serve tamén para designar o décimo oitavo canto da Ilíada de Homero e en minúscula o décimo oitavo da Odisea.

Maiúscula e minúscula da letra sigma.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar