O esh ( Ʃ, ʃ ) é unha letra suplementaria do alfabeto latino. A súa forma é semellante ao s longo ( ſ ) e ao símbolo de integración ( ∫ ).

HistoriaEditar

A versión maiúscula da letra foi tomada da letra sigma do alfabeto grego. A versión minúscula foi introducida por Isaac Pitman en 1847 no seu Phonoypic Alphabet.

UsoEditar

O ʃ formaba parte do alfabeto do Africa Institute.[1] En 1978 incluíuse no alfabeto africano de referencia, empregando tan só a letra minúscula, e no ASG, alfabeto para as linguas de Gabón creado en 1989.[2]

O Alfabeto Fonético Internacional emprega o [ʃ] para representar o fonema fricativo palatal xordo, como en galego “xantar” ([ʃanˈtaɾ]).[3]

NotasEditar

  1. "African Alphabets" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de febreiro de 2014. Consultado o 1 de febreiro de 2014. 
  2. Hombert, Jean-Marie. Presentation de l’alphabet scientifique des langues du Gabon (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de febreiro de 2014. Consultado o 1 de febreiro de 2014. 
  3. Universidade de Santiago de Compostela, Instituto da Lingua Galega (ed.). "Dicionario de pronuncia da lingua galega". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2018. Consultado o 01 de febreiro de 2014. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar