Grego ievánico
Historia da lingua grega (ver tamén: alfabeto grego) |
Protogrego (c. –2000)
|
Micénico (c. -1600–-1100)
|
Grego antigo (c. –800–-300) Dialectos: Eolio, Arcadochipriota, Ático, Dórico, Macedonio, Xónico |
Koiné (desde c. -300)
|
Grego bizantino (c. -330–1453)
|
Grego moderno (desde 1453) Dialectos: Capadocio, Chipriota, Demótico, Griko, Katharevousa, Póntico, Tsakonio, Ievánico |
O ievánico, tamén coñecido cos nomes de romaniota e de xudeu-grego, era o dialecto dos Romaniotas, dos xudeus gregos, cuxa presenza en Grecia se testemuña por escrito desde a época helenística. A súa xenealoxía lingüística faino remontar á koiné helenística (Ελληνική Κοινή) e inclúe tamén elementos de hebreo. O ievánico e o grego falado polas poboacións cristiás eran mutuamente intelixíbeis, pero os xudeus usaban unha variante do alfabeto hebreo para escribiren tanto o ievánico como o grego.
O ievánico é hoxe unha lingua morta, polos motivos seguintes:
- a asimilación das (numericamente débiles) comunidades romaniotas polos gregos cristiáns e polos xudeus sefardís;
- a emigración de moitos de romaniotas cara aos Estados Unidos e Israel;
- a progresión do sionismo, que favoreceu o hebreo como lingua común aos xudeus, en detrimento das linguas xudías da diáspora (yiddish, xudeu-español, xudeu-tat(juhuri) etc.);
- a aniquilación da maior parte das comunidades xudías de Tesalónica e Sofía durante o Holocausto.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Jewish Language Research Website: Judeo-Greek Arquivado 23 de outubro de 2005 en Wayback Machine.