Mi (letra)
letra do alfabeto grego
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Mi.
Mi é o nome da undécima letra do alfabeto grego (μῦ); equivale ao /m/.
Minúscula μ, maiúscula Μ.
Adoita transcribirse como m. Provén da letra do alfabeto fenicio mēm. Como signo numérico representaba o corenta. En maiúscula serve tamén para designar o undécimo canto da Ilíada de Homero e en minúscula o undécimo da Odisea.