Aneis de Neptuno
Os aneis de Neptuno son un sistema de aneis planetarios moi tenues e febles, compostos principalmente de po cósmico, descubertos en 1989 pola sonda espacial Voyager 2.[1] Aseméllase máis ós aneis de Xúpiter que ós aneis de Saturno ou de Urano.
O sistema consta de cinco aneis que reciben o nome dos astrónomos considerados máis salientables na investigación de Neptuno. Dende o máis interior ó máis exterior son Galle, Le Verrier, Lassell, Arago e Adams; ademais, existe un anel que coincide coa órbita do satélite Galatea.[2] Tres satélites máis, Náiade, Talasa e Despina, orbitan entre os aneis facendo a función de satélites pastores.[3]
O material dos aneis é moi escuro; trátase probablemente de compostos orgánicos producidos pola radiación da magnetosfera do planeta de xeito semellante ó dos aneis de Urano. A proporción de po nos aneis é alta, de entre o 20% e o 70%,[4] mentres que a profundidade óptica é baixa, de menos de 0,1.[5]
O anel Adams inclúe cinco arcos máis brillantes que o resto de aneis denominados Fraternidade, Igualdade 1, Igualdade 2, Liberdade e Coraxe.[2] Os arcos ocupan cada un unha pequena lonxitude orbital do total do anel. A estabilidade dos arcos non está moi clara, xa que no 2005 detectouse un considerable adelgazamento do arco Liberdade.[6] É probable que a estabilidade do anel Adams estea relacionada co satélite Galatea.[7]
Notas
editar- ↑ Miner, Ellis D.; Wessen, Randii R.; Cuzzi, Jeffrey N. (2007). "The discovery of the Neptune ring system". En Springer Praxis Books. Planetary Ring Systems (en inglés). ISBN 978-0-387-34177-4.
- ↑ 2,0 2,1 Williams, David R. NASA, ed. "Neptunian Rings Fact Sheet" (en inglés). Consultado o 29 de novembro de 2009.
- ↑ Miner, Ellis D.; Wessen, Randii R.; Cuzzi, Jeffrey N. (2007). Springer Praxis Books, ed. Planetary Ring System (en inglés). ISBN 978-0-387-34177-4.
- ↑ Smith, B.A.; Soderblom, L. A.; Banfield, D.; et al. (1989). "Voyager 2 at Neptune: Imaging Science Results". Science (en inglés) 246. p. 1422. PMID 17755997. doi:10.1126/science.246.4936.1422.
- ↑ Horn, Linda J.; Hui, John; Lane, Arthur L. (1990). "Observations of Neptunian rings by Voyager photopolarimeter experiment". Geophysics Research Letters (en inglés) 17. pp. 1745–1748. doi:10.1029/GL017i010p01745.
- ↑ "Neptune's rings are fading away". New Scientist (en inglés) (2492). 26 de marzo de 2005. p. 21.
- ↑ Burns J.A.; Hamilton, D.P.; Showalter, M.R. (2001). Springer, ed. "Dusty Rings and Circumplanetary Dust: Observations and Simple Physics" (PDF). Interplanetary Dust (en inglés) (Berlín). pp. 641–725. Consultado o 29 de novembro de 2009.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aneis de Neptuno |