Náiade (en grego Ναϊάδ-ες), tamén coñecido coma Neptuno III, é o satélite máis interior de Neptuno que recibiría o nome das Náiades da mitoloxía grega.[5]

Náiade

Náiade ou Talasa vista pola Voyager 2
(o difuso da imaxe provoca un alongamento do obxecto).
Descubrimento
Descuberta por Equipo de Imaxes da Voyager
Descuberta en setembro do 1989
Características orbitais[1]
Época 18 de agosto do 1989.
Eixo semi-maior 48.227 ± 1 km
Excentricidade 0,0004 ± 0,0003
Período orbital 0,2943958 ± 0,0000002 d
Inclinación 4,75 ± 0,03° (respecto do ecuador de Neptuno)

4,75° (respecto do plano local de Laplace)

é satélite de Neptuno
Características físicas
Dimensións 96×60×52 km[2][3]
Radio medio 33 ± 3 km[4]
Masa ~1,9 x 1017 kg
(baseada nunha densidade asumida)
Densidade media ~1,2 g/cm3 (estimada)
Período de rotación asumida coma sincrónica
Oblicuidade da eclíptica ~presumiblemente cero
Albedo (xeométrico) 0,07[2][3]
Temperatura superficial ~51 K de media (estimada)
Atmosfera sen atmosfera
Vista simulada de Náiade orbitando Neptuno co Sol de fondo na distancia.

Descubrimento editar

Náiade foi descuberta nalgún momento de a mediados de setembro do 1989, a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2. Foi a última lúa descuberta durante o achegamento da Voyager a Neptuno e foi designada temporalmente coma S/1989 N 6.[6] Este descubrimento foi anunciado o 29 de setembro do 1989 pola Unión Astronómica Internacional na súa Circular No. 4867, pero só se falaba de "25 fotogramas tomados durante 11 días", outorgándolle ó descubrimento unha data algo anterior ó 18 de setembro. Recibiu o seu nome oficial o 16 de setembro do 1991[7].

Características editar

Náiade é de forma irregular (non esférica) e aparece sen signos aparentes de cambios xeolóxicos. É posible que coma no caso doutros satélites situados entre Tritón e Neptuno, esta lúa sexa algo semellante a unha pila de cascallos "reagrupados" a partir de fragmentos de satélites orixinais de Neptuno, os cales foron pulverizados polas perturbacións de Tritón pouco despois de que a lúa fose capturada na súa moi excéntrica órbita inicial.[8]

Náiade orbita a 23.500 kms por riba das cimas das nubes de Neptuno. a súa órbita está por debaixo do radio da órbita sincrónica de Neptuno, está pois nunha lenta espiral cara ó planeta debido ó efecto de desaceleración que as mareas gravitatorias provocan e eventualmente podería impactar contra a atmosfera de Neptuno, ou partirse, creando unha anel planetario unha vez traspasado o límite de Roche, debido á dispersión dos fragmentos da lúa. Posiblemente Náiade orbite Neptuno dentro do rango deste límite, coma se supón que ten unha densidade baixa, o satélite podería xa estar moi preto do límite de Roche.[Cómpre referencia]

Problemas en posteriores procuras de Náiade editar

Dende o achegamento da Voyager 2, o sistema de Neptuno foi intensamente estudado polos observatorios terrestres e polo Telescopio Espacial Hubble. En marzo do 2002 o telescopio Keck observou o sistema usando a tecnoloxía da óptica adaptativa e así poder detectar sen moitos problemas os catros satélites interiores máis grandes do sistema de Neptuno. Talasa foi atopada grazas en parte ó procesado das imaxes, pero Náiade non foi localizada.[9] O Hubble ten a habilidade de detectar tódolos satélites coñecidos e os posibles novos satélites con máis precisión e fiabilidade cá Voyager 2. Pero Náiade aínda non foi atopada. Isto fai sospeitar que existiron bastantes erros nas efemérides de Náiade.[10]

Notas editar

  1. R.A. Jacobson e W.M. Owen Jr. (2004). "The orbits of the inner Neptunian satellites from Voyager, Earthbased, and Hubble Space Telescope observations". Astronomical Journal 128: 1412. doi:10.1086/423037. 
  2. 2,0 2,1 E. Karkoschka (2003). "Sizes, shapes, and albedos of the inner satellites of Neptune". Icarus 162: 400. doi:10.1016/S0019-1035(03)00002-2. 
  3. 3,0 3,1 Williams, Dr. David R. (22-01-2008). NASA (National Space Science Data Center), ed. "Neptunian Satellite Fact Sheet". Arquivado dende o orixinal o 05-10-2011. Consultado o 13-12-2008. 
  4. JPL (Solar System Dynamics), ed. (24-10-2008). "Planetary Satellite Physical Parameters". Consultado o 13-12-2008. 
  5. Gazetteer of Planetary Nomenclature (21 de xullo do 2006). USGS Astrogeology, ed. "Planet and Satellite Names and Discoverers". Consultado o 05-08-2006. 
  6. "IAU Circular No. 4867". September 29, 1989. Consultado o 06-10-2018. 
  7. "IAU Circular No. 5347". September 16 1991. Consultado o 10-04-2007. 
  8. D. Banfield and N. Murray (1992). "A dynamical history of the inner neptunian satellites". Icarus 99: 390. doi:10.1016/0019-1035(92)90155-Z. 
  9. Conferencia "Neptunian Satellites observed with Keck AO system", por F. Marchis, e acompañado por Urata, R.; de Pater, I.; Gibbard, S.; Hammel, H. B.; Berthier, J., (Maio do 2004), editada a conferencia no libro erican Astronomical Society, DDA meeting #35, #07.08; Bulletin of the American Astronomical Society, Vol. 36, pax. 860, consultado o 05-08-2006
  10. Conferencia "The Rings of Neptune and Uranus in the Hubble Space Telescope" por M. R. Showalter, e acompañado por Lissauer, J. J.; de Pater, I., (agosto do 2005), editada a conferencia no libro American Astronomical Society, DPS meeting #37, #66.09; Bulletin of the American Astronomical Society, Vol. 37, pax. 772, consultado o 05-08-2006 }}

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar