O termo hepatite aplícase a calquera inflamación do fígado. Existen varias causas da hepatite, sendo as máis coñecidas as causadas por virus, mais poden ser tamén por intoxicacións por alcohol e outras substancias e medicamentos tóxicos. En común, todas as hepatites teñen algún grao de destrución das células hepáticas, sendo o sinal máis chamativo a ictericia, e que se caracteriza pola coloración amarelo-dourada da pel e conxuntivas. Pode ocorrer unha cor pardenta na urina (coluria) e mais feces claras, tipo masa de vidraceiro (acolia fecal). Mais estes sinais poden estar ausentes

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Nos exames de laboratorio, todas teñen en común que o TGO e o TGP poden estar por riba do normal, así como as bilirrubinas totais, a custa das indirectas. Vexa Exames Complementares no final deste artigo.

O día 28 de xullo celébrase o Día Mundial contra a Hepatite, co obxectivo de concienciar sobre as hepatites víricas, que causan enfermidades como o cáncer de fígado [1].

Hepatite A editar

Artigo principal: Hepatite A.

É unha hepatite infecciosa aguda causada polo virus da hepatite A, que pode cursar de forma subclínica. Altamente contaxiosa, a súa transmisión é do tipo fecal oral, ou sexa, ocorre contaminación directa de persoa a persoa ou a través do contacto con alimentos e auga contaminados, e os síntoma comezan uns 30 días despois do contaxio. É máis común onde non hai ou é precario o saneamento básico. A falta de hixiene axuda na diseminación do virus. O uso na alimentación de moluscos e ostras de augas contaminadas con esgoto e feces humanas contribúe á expansión da doenza. Unha vez infectada, a persoa desenvolve inmunidade permanente. Existe vacina segura para hepatite A. A transmisión a través de agullas ou sangue é rara. Os síntomas son de inicio súbito, con febre baixa, fatiga, mal estar, perda do apetito, sensación de desconforto no abdome, náuseas e vómitos. Pode ocorrer diarrea. A ictericia é máis común no adulto (60%) que no neno (25%). A ictericia desaparece pasadas de dúas a catro semanas. É considerada unha hepatite lene, pois non hai relatos de cronificación e a mortalidade é baixa. Non existe tratamento específico. O paciente debe recibir sintomáticos e mais tomar medidas de hixiene para prevenir a transmisión a outras persoas. Pódese prevenir pola hixiene e mellorías das condicións sanitarias, así como pola vacinación. É coñecida como a hepatite do viaxante.

Hepatite B editar

Artigo principal: Hepatite B.

A súa transmisión é a través de sangue, agullas e materiais cortantes contaminados, tamén a través de tatuaxes, piercings, no dentista e ata en sesións de depilación, así como a través da relación sexual. É considerada tamén unha doenza de transmisión sexual. Os síntomas son semellantes aos das outras hepatites virais, mais a hepatite B pode tornarse crónica e provocar a cirrose hepática. A prevención faise utilizando preservativos nas relacións sexuais e non utilizando materiais cortantes ou agullas que non estean debidamente esterilizadas. Recoméndase a utilización de descartábeis de uso único. Canto máis cedo se adquire o virus, maiores son as posibilidades de ter unha cirrose hepática. Existe vacina para hepatite B, que se da en tres doses intramusculares e debe ser repetida a cada 10 anos.

Hepatite C editar

Artigo principal: Hepatite C.

A máis perigosa e temida das hepatites virais, a súa transmisión é a través de sangue agullas e materiais cortantes contaminados, con transmisión moi doada e rápida. Pode ser adquirida a través de transfusión sanguínea, tatuaxes, usuarios de drogas, piercings, no dentista e en manicura. Na gran maioría dos pacientes é asintomática no período agudo da doenza, mais poden ser semellantes aos das outras hepatites virais. Estímase que o 3 % da poboación mundial estea contaminada, atinxindo niveis dez veces maiores no continente africano. A hepatite C é perigosa porque pode tornar crónica e provocar a cirrose hepática e o hepatocarcinoma, neoplasia maligna do fígado. A prevención faise evitando materiais cortantes ou agullas que non estean debidamente esterilizadas. Recoméndase utilizar descartábeis de uso único, así como material propio nas manicuras. A esterilización destes materiais é posíbel, porén non hai control e as persoas que ‘din’ que esterilizan non ten o preparo necesario para facer unha esterilización real. Non existe vacina para a hepatite C e considérase pola Organización Mundial da Saúde como o maior problema de saúde pública, é a maior causa de transplante hepático e transmítese polo sangue máis facilmente que a SIDA.

O anti-HCV positivo detecta infección actual ou pregresa. Pode ser necesaria unha biopsia hepática para descartar a súa malignidade e determinar o grao da doenza.

O interferón peguilado usase no tratamento da fase aguda, sendo asociado á ribavirina na fase crónica.

Aproximadamente a metade dos pacientes tratados curan.

Hepatite non A non B editar

Termo antigo moi usado para hepatites que non eran nin A nin B, que hoxe se recoñece ser a maioría do tipo C, podendo ser tamén E.

Hepatite D editar

Artigo principal: Hepatite D.

Causada polo axente Delta, só ten importancia cando está asociada á hepatite B, pois poténciaa. Illadamente parece non causar infección.

Hepatite E editar

Artigo principal: Hepatite E.

É unha hepatite infecciosa aguda causada polo virus da hepatite E, que pode cursar de forma subclínica. A súa transmisión é do tipo fecal oral, a través do contacto con alimentos e auga contaminados, e os síntoma comezan uns 30 días despois do contaxio. É máis común despois de enchentes Non existe vacina para a hepatite E. Os síntomas son de inicio súbito, con febre baixa, fatiga, malestar, perda do apetito, sensación de desconforto no abdome, náuseas e vómitos. Pode ocorrer diarrea. É considerada unha hepatite lene, a pesar do risco para mulleres embarazadas, principalmente no terceiro trimestre de xestación. Non existe tratamento específico. O paciente debe recibir medicamentos sintomáticos e repousar. Pode prevenirse a través de medidas de hixiene, debendo evitarse a compra de alimentos e bebidas de vendedores ambulantes.

Hepatite F editar

Pouco coñecida, relatouse en pacientes sometidos a transplante hepático.

Hepatite G editar

Tamén pouco coñecida, require máis estudos.

Outras hepatites virais editar

Hai outros virus que poden causar hepatites, porén sen ser causa común. Son potencialmente causantes de hepatite en pacientes sometidos a transfusións sanguíneas e inmunodeprimidos os virus Epstein-Barr, o citomegalovírus e o herpes zóster.

Hepatites por drogas editar

Causado por drogas hepatotóxicas, que lesionan directamente o hepatocito. O acetaminofen, substancia analxésica moito utilizada en nenos, cando utilizada en doses moito altas é altamente hepatotóxica.

Hepatite autoinmune (HAI) editar

Son hepatites causadas por unha auto agresión do organismo, que fabrica anticorpos que atacan e matan os hepatocitos. Isto pode acontecer porque unha bacteria, virus ou fungo pode conter unha porción moito parecida coa célula hepática, causando confusión do sistema inmunolóxico. O tratamento faise con corticoides e drogas inmunosupresoras.

Exames complementarios editar

Os testes de laboratorios útiles na avaliación da función hepática son as bilirrubinas, as transaminases (TGO e TGP), fosfatase alcalina, gammaglutamil-transferase (gammaGT ou GGT), proteínas totais, albumina, protrombina, amonio e ácidos biliares, investigación de marcadores virais e execución de exames complementares de diagnóstico por imaxe, como o ultrasón e a tomografía computerizada. Ás veces pode haber necesidade de biopsia hepática, con agulla, videolaparoscopía ou a ceo aberto.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

  1. "Un futuro sin hepatitis" (en castelán). Consultado o 2022-11-21.