Gromo de hepatite aguda grave en nenos de 2022

gromo de hepatite de causa descoñecida en nenos

O gromo de hepatite aguda grave en nenos de 2022 é un gromo de hepatite aguda grave de causa descoñecida que afecta a nenos e adolescentes. Os primeiros casos da doenza foron descritos no Reino Unido entre abril e marzo de 2022, e o primeiro paciente reportado á Organización Mundial da Saúde foi o 5 de abril dese mesmo ano.

Países que rexistraron ante a OMS casos de hepatite aguda infantil de orixe descoñecida.

Causas editar

Non existe evidencia da causa específica da doenza, aínda que parece existir bastante consenso en que se trata dunha enfermidade vírica.

Existen diferentes hipóteses sobre a causa desta hepatite: os adenovirus, o virus SARS-CoV-2, a vacina da COVID-19 ou unha coinfección de ambos virus.

Diagnóstico editar

Non existe un diagnóstico de confirmación, xa que non se ten identificado ao axente causante. A Organización Panamericana da Saúde estableceu uns criterios probables para determinar o diagnóstico da hepatite aguda grave en nenos de orixe descoñecida[1]:

  • Unha neno ou adolescente até 16 anos que presenta os síntomas e signos típicos dunha hepatite aguda na que se descartaron as hepatites virais mais habituais: A, B, C, D e E.
  • Uns valores de aspartamo transaminasa (AST) ou alanina transaminasa (ALT) superior a 500UI/l.
  • Que o diagnóstico so produce desde o 1 de outubro de 2021.
 
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Tratamento editar

Dado que non se coñece con exactitude a etioloxía da hepatite, non existe un tratamento específico para ela.

As medidas terapéuticas abranguen medidas de soporte e dos síntomas: tratamento da dor, da ictericia e prevención do fallo hepático e da síndrome hepatorrenal. Recoméndase dieta baixa en graxas, pois o fígado é quen metaboliza estes compoñentes. O fígado é tamén o encargado de producir diferentes substancias que interveñen na coagulación, polo que pode ser preciso tamén administrar medicamentos como a vitamina K ou o plasma fresco conxelado.

En casos graves pode ser necesario o transplante hepático.

Prognóstico editar

A hepatite aguda grave de orixe descoñecida en nenos é unha hepatite que pode resultar desde leve a fulminante. A mortalidade aproximada do 2%, mentres que un 5% requiriu un transplante hepático. A OMS reportou uns 1010 casos probables e 22 falecementos[2].

Notas editar

  1. "Hepatitis aguda de etiología desconocida en niños: Orientaciones provisionales para los laboratorios.". Pan American Health Organisation PAHO (2022). Consultado o 25 de agosto de 2022. 
  2. "Severe acute hepatitis of unknown aetiology in children - Multi-country". Organización Mundial da Saúde. Consultado o 25 de agosto de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar