Alfredo Pérez Rubalcaba

político español

Alfredo Pérez Rubalcaba, nado o 28 de xullo de 1951 en Solares e finado en Majadahonda o 10 de maio de 2019,[1] foi un político cántabro pertencente ó Partido Socialista Obrero Español. Era doutor en Ciencias Químicas e foi profesor universitario na Universidade Complutense. Foi Ministro de Educación e Ciencia (1992 - 1993) e Ministro da Presidencia (1993 - 1996). Na V lexislatura foi deputado por Toledo, e despois pasou a selo por Madrid nas eleccións de 1996 e de 2000, por Cantabria en 2004 e por Cádiz en 2008. Entre abril de 2006 e xullo de 2011 foi Ministro do Interior e dende outubro de 2010 até xullo de 2011 foi ademais voceiro do Goberno e vicepresidente primeiro.

Alfredo Pérez Rubalcaba
Nome completoAlfredo Pérez Rubalcaba
Nacemento28 de xullo de 1951
Lugar de nacementoSolares
Falecemento10 de maio de 2019
Lugar de falecementoHospital Universitario Puerta de Hierro Majadahonda
CausaIctus
SoterradoAlcobendas
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónquímico, político e professor titular
CónxuxePilar Goya Laza
PremiosGran Cruz da Orden de Carlos lll, Gran Cruz de Afonso X o Sabio, Orde ao Mérito Policial, e sen etiquetar
Na rede
IMDB: nm2493521 Dialnet: 53987 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Alfredo Pérez Rubalcaba ingresou no PSOE en 1974, no que comezou a colaborar na Federación Socialista Madrileña e, máis tarde, nas comisións de Ensino e Investigación tanto do partido coma do Grupo Parlamentario Socialista.

Coa chegada ó Goberno do PSOE en 1982, Rubalcaba asumiu distintos cargos relacionados coa universidade e a educación. De feito, en 1988 foi nomeado Secretario de Estado de Educación, e entre 1992 e 1993 foi nomeado ministro de Educación e Ciencia. Tralas eleccións xerais de 1993, o daquela presidente do Goberno, Felipe González, nomeouno ministro da Presidencia e de Relacións coas Cortes (carteira de nova creación), cargo no que se mantivo ata as eleccións xerais de 1996.

Nas xerais de marzo de 1996, que o PSOE perdeu fronte ó PP, Rubalcaba resultou elixido deputado por Madrid.

Un ano máis tarde, no XXXIV Congreso do PSOE, foi elixido membro da Executiva e secretario de Comunicación. A súa inclusión nas listas do partido por parte do por entón secretario xeral do PSOE, Joaquín Almunia, veu a refrendar a súa notable importancia no partido na nova etapa. De feito, Rubalcaba foi un dos principais encargados de manter contactos co goberno popular sobre ETA a raíz da tregua de 1999.

No XXXV Congreso socialista, no que José Luis Rodríguez Zapatero foi elixido novo secretario xeral do PSOE, Rubalcaba entrou a formar parte do Comité Federal do partido. Nesta etapa, encabezou a delegación socialista que acordou co PP o denominado Pacto polas Liberdades e contra o Terrorismo, asinado en decembro de 2000.

Nas eleccións xerais de marzo de 2004, Rubalcaba foi responsable da Estratexia Electoral do PSOE, e máis tarde foi nomeado voceiro do Grupo Socialista no Congreso dos Deputados. O 11 de abril de 2006 substituíu a José Antonio Alonso Suárez á fronte da Carteira de Interior. Este relevo produciuse tralo "alto o fogo" da banda terrorista ETA. A partir de 2010 sumoulle tamén a vicepresidencia do goberno e mais o cargo de voceiro, que desempeñou ata uns meses antes das eleccións xerais de 2011, nas que Rubalcaba encabezou a candidatura do PSOE á presidencia do goberno.


Predecesor:
Javier Solana
  
Ministro de Educación e Ciencia
 
1992 - 1993
Sucesor:
Gustavo Suárez Pertierra
Predecesor:
Javier Moscoso del Prado y Muñoz
  
Ministro da Presidencia
 
1993 - 1996
Sucesor:
Francisco Álvarez Cascos
Predecesor:
José Antonio Alonso Suárez
  
Ministro do Interior
 
2006 - 2011
Sucesor:
Antonio Camacho
Predecesor:
María Teresa Fernández de la Vega
  
Vicepresidente Primeiro do Goberno
 
2010 - 2011
Sucesor:
Elena Salgado
Predecesor:
María Teresa Fernández de la Vega
  
Voceiro do Goberno
 
2010 - 2011
Sucesor:
Ramón Jáuregui

Notas editar

  1. Marcos, José (2019-05-10). "Muere el socialista Alfredo Pérez Rubalcaba, figura clave de la política española". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-05-10. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar